15 de dec. de 2013

Desmontando as mentiras

A táctica que seguíu o goberno local de Pontedeume para gañarse á cidadanía foi a de desinformar, mentir e facer correr bulos sobre os praceiros. Imos deixar as cousas claras para os que non comulgan con rodas de muiño.

O Alcalde dí que as sentenzas xudiciais danlle a razón
Os autos xudiciais resolven uns recursos postos polos letrados dos praceiros para anular a adxudicación de postos no mercado provisional e traslado dos existentes. Estes recursos tiñan por obxecto adoptar medidas urxentes que paralizasen o desaloxo do Mercado Municipal. É certo que os xuíces denegaron estes recursos pero isto non afecta ao máis importante do problema: en que condicións realizar o trasalado?

 Pode o Alcalde obrigar aos praceiros a un traslado nas actuais condicións do mercado provisional?
As mesmas sentenzas son claras ao respecto: "el cierre temporal del mercado tiene que neutralizarse con la adopción de medidas urgentes y transitorias que permitan el funcionamiento de ese servicio público obligatorio, por lo que tampoco se va a suspender la orden de traslado, lo que no obsta para recordar la obligación que los organismos citados tienen de observar las normas vigentes en la materia" É dicir, o traslado debe efectuarse baixo unhas condicións determinadas

Cales son as normas vixentes para os postos de mercado?
O R.D.1376/2003, do 7 de novembro establece as condicións sanitarias de produción, almacenamiento e comercialización nos establecementos de comercio polo miúdo. Por poñer un exemplo, os de carnes frescas deben contar con Mostradores, vitrinas e outros elementos que, en calquera caso, serán frigoríficos, para a presentación ou exposición ó público de toda clase de carnes e demais produtos frescos que se expendan, refrixerados ou conxelados, que evitarán posibles contaminacións. Tamén con lavamans de accionamento non manual, armarios para almacenamento de produtos de limpeza, etc. 

Quen debe pagar estes aparellos?
Ao tratarse dunha concesión administrativa é o propio Concello o que debe garantir a continuidade do servizo dotando aos praceiros dunhas instalacións adecuadas nas que podan desenvolver a súa actividade como ata entón o viñan facendo. 

O Alcalde dí que non pode pagar con fondos públicos unhas máquinas de uso privativo
Non se trata dun uso privativo. Todas as instalacións seguen a ser propiedade do Concello: mostradores, cámaras, etc

O Alcalde dí non dispor de fondos para financiar estes aparellos
Hai que lembrarlle que no proxecto do mercado provisional debería aparecer esta partida. Se agora non dispón de fondos incorreu nun erro de planificación que debe resolver coa adopción de medidas complementarias e procurar a financiación necesaria

O Alcalde négase a que os praceiros volvan ao mercado da Praza do Conde unha vez rematadas as obras
As sentenzas xudiciais tamén son claras neste punto: "el interés en conflicto debe inclinarse en favor del colectivo de usuarios y de los propios placeros, que no es otro qu eprocurar el inmediato cierre del dec¡ficiente mercado actual y la pronta ejecución de las obras que permitan su reapertura en el  menor plazo posible" 

Segundo o Alcalde os praceiros queren perpetuar as súas concesións
Nada disto é certo. Nunca se negociou cambiar as condicións das concesións, algunhas das cales vencen no 2015 e outras no 2025

Algúns detractores dos praceiros din que o conflito é un conflito político  
O único que fixo un palntexamento político deste conflito foi o propio Alcalde que afirmou que detrás destas mobilizacións agochábase un intento da oposición para quitalo do poder. Pero o certo é que nas mobilizacións non aparecen nin símbolos políticos nin proclamas que non sexan estritamente laborais

Tamén se tenta desprestixiar aos praceiros por mor das baixas cuotas que cotizan
Estas cuotas son postas polo Concello a través das súas ordenanzas. Se nunca se modificaron foi polo desleixo con que os gobernos municipais trataron os asuntos do mercado municipal. Proba diso é o actual abandono no que se atopa despois de tantos anos.

Hai algunha razón legal polo que o Alcalde non quera atender as demandas dos praceiros?
Estas demandas son axustadas a Dereito e polo tanto incuestionables. Nunca se argumentou dende o Concello que non estivesen respaldadas pola lei. A falta de argumentos o Alcalde optou pola vía da sinrazón chegando a afirmar que os praceiros "ían pagar por todo o que lle fixeron, que non se ían ir de rositas"






12 de dec. de 2013

Cuestión de cartos ou cuestión de collóns?

50.000 € pagou o Concello de Pontedeume por este panel informativo no polígono de Vidrieiro para que os clientes de cinco empresas alí instaladas soubesen como chegar a elas. 18.000 € é a cantidade que o alcalde de Pontedeume no está disposto a pagar (aínda que por lei está obrigado) para que os praceiros poidan seguer exercendo a súa actividade. Sobran comentarios.

10 de dec. de 2013

Nova asemblea de comerciantes

Os comerciantes de Pontedeume van celebrar unha nova asemblea, a segunda en dúas semanas, para presentarlle ao Alcalde novas propostas que desbloqueen a crise na que está inmerso o pequeno comercio a causa do peche do Mercado Municipal. Esta é a convocatoria que fan pública.

A TODO O COMERCIO
Ante a situación insostible do comercio eumés, os mesmos que vos convocamos a pasada semana a unha reunión volvémolo a facer agora e ademais acompañados de UCOA.
Como sabedes a entrevista co Alcalde non deu ningún resultado positivo. A día de hoxe hai algunhas novidades que cremos poden desbloquear esta situación que tanto nos prexudica. Pregámosvos que asistades porque só a unión entre todo o sector pode dar coa solución.
Data da asemblea: Mércores ás 20:30 h
Lugar: Casa da Xuventude (na Alameda)

7 de dec. de 2013

Traslado ilegal

O Concello debe ofrecer aos praceiros de Pontedeume uns locais aptos para desenvolver o seu traballo. A lexislación actual obriga a que estes locais dispoñan de determinadas dotacións que os almacéns de Raxoi non teñen. Por citar só algunhas correspondentes ás carnicerías:

Real Decreto 1376/2003, de 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamiento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.

- Mostradores, vitrinas e outros elementos que, en calquera caso, serán frigoríficos, para a presentación ou exposición ó público de toda clase de carnes e demais produtos frescos que se expendan, refrixerados ou conxelados, que evitarán posibles
contaminacións

 -Lavamanos de accionamiento non manual, provistos de auga potable, quente e fría, e secado hixiénico das mans.

-Dispositivo ou armario pechado e identificado para o almacenamiento de detergentes, desinfectantes e sustancias similares e o material de limpeza e mantemento

Poderíase engadir moitas máis, tamén para as pescaderías. O Alcalde pretende que sexan os mesmos praceiros os que corran cos gastos dun traslado que non solicitaron e ao cal o Concello está obrigado.

4 de dec. de 2013

Asemblea de comerciantes: paro e manifesto

Onte celebrouse unha asemblea de comerciantes para tratar a crise no sector creada polo peche do Mercado Municipal. Asistiron un centenar de comerciantes que decidiron:

a) Convocar un paro de media hora, entre as 13 h e as 13:30 h, acompañado dunha concentración silenciosa diante do concello

b) Subscribir un comunicado, que xa foi asinado por 170 comerciantes, para se lle entregar ao alcalde e ao presidente da Xunta de Galiza.

Este é o seu contido:


Ante a grave situación creada polo peche do Mercado Municipal sen garantias para que os praceiros podan exercer a súa actividade provisionalmente nos almacéns de Raxoi, os comerciantes de Pontedeume queremos transmitir ao Concello e autoridades da Xunta a nosa profunda preocupación, así como manifestar o que segue:

  • A importancia do sector hostaleiro e comercial de Pontedeume é innegábel. Máis do 50% da población ocupada pertence ao sector servizos, sen contar ao sector que exerce actividades agropecuarias e que tamén vese afectado polo peche do Mercado  Municipal

  • O Mercado Municipal é o motor económico da Vila. Desde sempre foron os mercados os que artellaron e centralizaron a actividade económica comercial. O pequeño comercio funcionará na medida que o faga o Mercado Municipal. A desaparición deste conleva inevitablemente a desaparición do pequeno comercio. Mercado Municipal e pequeno comercio van indisolublemente ligados.

  • Sen ser unha actividade lucrativa, o pequeño comercio sobrevive grazas á afluencia de visitantes durante os períodos estivais e vacacionais. De manterse o peche do Mercado Municipal durante o próximo Nadal, as consecuencias económicas para os comerciantes de Pontedeume poden ser catastróficas e  irrervesibeis

  • Partindo da base de que os mercados municipais son bens de interese público, abonda dicir que a Administración (local, autonómica ou central) debe velar polo seu correcto funcionamento e garantir a súa actividade en beneficio non só dos praceiros que o sustentan senón tamén dos milleiros de cidadáns que fan uso dos mesmos

  • Por todo o anterior, solicitamos do goberno local de Pontedeume arbitre as medidas necesarias para:

a)  Garantir o normal funcionamento durante o vindeiro Nadal do Mercado Municipal nos almacéns de Raxoi, subsanando as deficiencias que hoxe por hoxe o fan inservible. Entre outras, a instalación de expositores de frío, estanterias, barras para colgar mercadorías, reforzos nas cámaras frigoríficas, fregadoiros e mesas.

b)    Proceder a reparar o tellado do antigo Mercado Municipal dentro do prazo estipulado de 90 días.

c)  Garantir o regreso dos praceiros ás antigas instalacións unha vez rematadas as obras de acondicionamento da cuberta do edificio

d)   Procurar os medios necesarios para conseguir a total rehabilitación do Mercado Municipal co fin de devolverlle a súa primordial condición: a de impulsor económico da comarca.

Pontedeume, 4 de decembro do 2013


2 de dec. de 2013

A todo o comercio

Un grupo de comerciantes, preocupados polos problemas derivados do peche do Mercado Municipal, convocan unha reunión para o MARTES DÍA 3 ÁS 20:30 NA CASA DA XUVENTUDE.

Solicítase a asistencia de todos os comerciantes e hostaleiros de Pontedeume por considerar que é un problema que afecta a todos.

30 de nov. de 2013

Un Nadal sen mercado municipal


Achégase o Nadal. As que deberían ser as festas máis celebradas por tradición, pódense converter nas máis amargas e duras para unha vintena de familias condenadas a sufrir a senrazón, a teimosía, a incompetencia, a vulgaridade e a grosería dun mandatario que, aqueixado de non se sabe que paranoia, considérase con patente de corso para impoñer os seus caprichos.

Descanse en paz, Sr. Torrente.

23 de nov. de 2013

Non é unha metedura de pata máis

Que un alcalde decida algo tan grave e de tanta transcendencia como o desaloxo dos praceiros sen acatar a normativa vixente non é unha simple metedura de pata; é un infracción cometida con premeditación, alevosía e nocturnidade (lembremos a actuación policial ás seis da mañá?). Decretar o peche do mercado e desaloxar dos seus postos de traballo a unha vintena de familias é unha decisión administrativa que limita o exercicio de dereitos individuais e colectivos, non está motivada a súa necesidade, non protexe o interese público, non foi notificada en forma aos praceiros e non se lles deu a oportunidade de presentar alegacións (Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas).

E así debe entendelo o tribunal que cautelarmente decide paralizar as obras do mercado e esixe ao alcalde de Pontedeume a entrega de todos os documentos que demostren que a súa decisión foi axustada a dereito. Un difícil papel para o Sr. Torrente acostumado a exercer o seu poder á marxe da legalidade. Abonda lembrar a construción da sede do Firrete, a concesión do campo de deportes do instituto para aparcadoiro público e unha morea de intervencións de dubidosa legalidade. A diferencia co tema do mercado é o prexuizo económico ocasionado aos praceiros e a todo o sector servizos da vila, sen desbotar a fractura social que isto propiciou.

Asuntos todos eles moi graves que esixen a dimisión do alcalde ou, no seu defecto, o cese pola delegación do goberno. E iso sen agardar a unha sentencia firme dun tribunal que anule a decisión da alcaldía e esixa indemnizar aos praceiros (a conta das arcas públicas, claro).



22 de nov. de 2013

Alternativa Galega de Esquerdas en defensa do campo de deportes

O grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), acaba de presentar unha proposición non de lei para o seu debate na cámara, pedindo a restitución do campo de deportes do IES Fraga do Eume como recinto escolar. 

Este é o texto que se presentou:

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos seus deputados Consuelo Martínez García e Antón Sánchez García, a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno. 

Aproximadamente, alá polo ano 1988, Portos de Galicia, presumiblemente cedeu á Consellería de Educación os terreos do IES Fragas do Eume. Con data 6 de setembro de 2013, publícase a Resolución do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se outorga a concesión demanial gratuíta do uso dunha parcela ubicada na avda. Ricardo Sánchez nº 3, no concello de Pontedeume, adscrita a dita Consellería. Dita Resolución outorga a título gratuíto o aproveitamento privativo da subparcela de 700 metros cadrados en favor do Concello de Pontedeume mediante a figura da concesión demanial co fin de concretar a colaboración e desenvolver as actuacións necesarias para a súa utilización como aparcadoiro público.

A duración da concesión demanial gratuíta será de 10 anos. Poderá ser obxecto de prórroga por mutuo acordo das partes, sen que en ningún caso podan superar, con prórrogas incluídas, os 75 anos.

O Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, establece:

• Artigo 3- Requisitos de instalacións comúns a todos os centros.

3.2.- Os centros docentes mencionados no anterior número (educación infantil, segundo ciclo, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional) deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Situarse en edificios independentes, destinados exclusivamente a uso escolar, ben que as súas instalacións poderán ser utilizadas fóra do horario escolar para a realización doutras actividades de carácter educativo, cultural ou deportivo. No caso de centros docentes que impartan o segundo ciclo de educación infantil, terán, ademais, acceso independente do resto das instalacións.

3.3.- Os centros docentes que impartan a educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e/ou o bacharelato deberán contar, ademais, con:

Un patio de recreo, parcialmente cuberto, susceptible de ser utilizado como pista polideportiva, cunha superficie axeitada ao número de postos escolares. En ningún caso será inferior a 900 metros cadrados.

En relación co exposto, o Parlamento de Galicia insta á Xunta a Iniciar as accións oportunas ante Portos de Galicia e Concello de Pontedeume para garantir a devolución dos terreos do IES Fragas do Eume destinados a uso deportivo do alumnado e, polo tanto, a utilización dos mesmos como aparcadoiro antes de finalizar o ano 2013.

18 de nov. de 2013

Covarde!

A palabra que repetía constantemente unha praceira despois de seren desaloxados por antidisturbios armados ata os dentes. Chea de rabia e impotencia só berraba a palabra covarde mentres choraba desconsoladamente. Referíase ao alcalde, o que quere deixalos sen traballo e usa a forza porque lle faltan argumentos.

Hai que explicarlle a este alcalde, se é que pode entendelo, que unha cousa é a imposición autoritaria e outra a autoridade moral, cualidade esta que el non posúe. A autoridade moral vai emparellada coa intelixencia e ninguén intelixente pode responder ás xustas demandas dos praceiros co uso indiscriminado da violencia.

Pontedeume non se merece isto. O paso de sucesivos gobernos locais tivo sempre un denominador común: a pésima xestión. Pero este goberno presidido polo Sr. Torrente (non teño claro o tratamento) aúna a mala xestión cun deplorábel comportamento antidemocrático. Negado na xestión e negado nas formas. Pódese pedir máis a un alcalde? 

Que circunstancias fan posíbel que a incompetencia, a chulería  e o nepotismo sexan as características principais dun alcalde dunha pequena vila como a nosa? Difícil sabelo. Sabemos que a mediocridade instalouse nos órganos da sociedade como un cancro, pero isto non explica o caso de Pontedeume.  Que un pendencieiro, arrogante e falaz mandatario chegue a gobernar este concello  é motivo de crítica e de autocrítica. Alguén errou.

Fan ben os praceiros en esixir compromisos por escrito. A palabra dun rexedor como este está máis devaluada que o soldo dun pensionista. O neocaciquismo está máis ligado aos grandes pelotazos que á obtención de votos. Favorecer a un gran holding da alimentación a costa do desafiuzamento de vinte praceiros é unha práctica que xa está dentro da normalidade. As ansias depredadoras das grandes empresas teñen nos políticos os seus mellores aliados. A oposición dos praceiros eumeses a este tipo de cambalaches non só é unha defensa dos seus postos de traballo senón tamén dun modelo basado nun comercio tradicional, de calidade, protector dos produtos da terra, non especulativo e alternativo ás leis impostas polos grandes monopolios. É a decencia contra a corrupción.

10 de nov. de 2013

A comunidade educativa do Fraga do Eume acudirá á vía xudicial para recuperar o campo de deportes

Tanto a ANPA como o Claustro de Profesores interporán un recurso contencioso administrativo contra a decisión da Consellaría de Educación de ceder o campo de deportes do instituto para uso de aparcadoiro.

Convén lembrar que desde que se iniciou este problema, cando o recinto escolar foi cedido ao concello en período vacacional, a comunidade educativa amosou a súa oposición sen que as autoridades da consellaría tivesen en conta o parecer de pais, alumnos e profesores. De nada servían as críticas ante unha concesión administrativa que primaba o interese político do concello sobre as necesidades do instituto.

O colofón a este despropósito foi a cesión outorgada o 6 de setembro por un período de 10 anos prorrogábel ata os 75. Tampouco nesta ocasión se atenderon as queixas da comunidade educativa. O alcalde eumés, apoiado polo grupo socialista, solicitou a Educación a cesión do campo de deportes sen consultar antes o parecer do IES Fraga do Eume, algo que xa se pode definir como a marca de clase deste mandatario.

Fartos do menosprezo que amosaron tanto o Concello como a Consellaría, a ANPA e o Claustro deciden agora acudir aos tribunais para dilucidar a legalidade ou non desta medida. Abondan datos que apuntan a unha posíbel irregularidade: as condicións da cesión que no seu día fixo Portos de Galiza para construír o instituto foron conculcadas por ceder ou traspasar a terceiros uns terreos que foron prestados para uso escolar; as instalacións dos centros educativos só poden ser usadas para actividades educativas, culturais ou deportivas; e o instituto queda sen equipamento, obrigatorio por lei, para exercer as súas actividades.

Unha mágoa que sexan os profesores, pais e alumnos os que teñen que velar pola protección dos centros, unha tarefa que debería recaer, por lei, sobre as autoridades educativas. Pero tanto estas como os representantes do concello optan por esquilmar as instalacións do instituto para satisfacer demandas ilexítimas de determinados grupos de presión.

9 de nov. de 2013

Multas aos veciños que se solidarizan cos praceiros


Fontes policiais apuntan que, seguindo o procedemento habitual, todas as notificacións faranse chegar á Subdelegación do Goberno para a tramitación da sanción correspondente.
Neste sentido, considérase probable que a contía da multa poida alcanzar os 300 euros, ao ser considerado como acto de desobediencia o facer caso omiso ao precintado das instalacións.





Así é como se coarta o noso dereito á solidariedade. A imposición de multas a todos aqueles que se manifesten en contra dos designios dos autócratas tenta ser un método coercitivo que cada vez está máis estendido neste país. Incapaces de apagar as voces que claman contra as inxustizas, os gobernantes do partido popular recorren ás sancións económicas. A figura do gobernador civil foi substituída na democracia polo delegado do goberno; puro eufemismo que non cambia a súa función.

Lamentablemente en Pontedeume temos un deses especímenes aos que non lles doe descargar contra os seus veciños toda a brutalidade propia do poder. Un alcalde que deixa sen traballo a decenas de familias, que mobiliza á forza pública, incluídos os antidisturbios, para garantir unha paz que nunca se alterou, e que sanciona económicamente á veciñanza por solidarizarse cos praceiros, é un político acomplexado, vingativo, inseguro, ruín e indigno da cargo que ocupa. Pontedeume non merece ser representado por quen añora tempos pasados xa extinguidos.

Sería boa unha resposta cidadá contra a sinrazón do goberno local. Hoxe sábado na praza Real ás 12 temos a oportunidade de facerlle ver o noso absoluto desprezo polo seu talante. E cando aparezan as primeiras sancións, por que non pasarlle a factura aos concelleiros?

8 de nov. de 2013

Hai que botalos!



Por ineptos

Por mentireiros

Por prevaricadores

Por ignorantes

Por autoritarios

Por fascistas

Por chulos

Por demagogos

Por manipuladores

POR COLLÓNS!

5 de nov. de 2013

Torrente, manu militari

Así entende este home a democracia: autoritarismo, chulería, prepotencia e uso da forza. Esta mañá o mercado municipal apareceu tomado pola forza pública, unha estampa digna dos mellores tempos do franquismo. Catro dotacións da garda civil para impedir aos veciños de Pontedeume acceder a un lugar público que o rexedor quere convertir en privado.
O malo de todo isto non é que Pontedeume teña un suxeito desta calaña como alcalde; o malo é que se está a xogar cos postos de traballo de varias ducias de familias sen contar cos graves prexuizos económicos que acarrea a toda a vila, en concreto ao sector servizos e á pequena produción agrícola. Que a cidadanía tome nota.

4 de nov. de 2013

Por collóns

Artigo publicado no Diario de Ferrol por Emma González (avogada)

No ámbito do Dereito público, unha concesión administrativa é un negocio xurídico polo que unha administración pública atribúe a un ou máis suxeitos dereitos ou deberes dos que carecía sobre bens do dominio público (por ex. o uso, aproveitamento, explotación, uso de instalacións, construción de obras, de novas terminais marítimas, terrestres ou aéreas). Este negocio, pois, xera dereitos e obrigacións como é lóxico. Polo tanto, calquera modificación e/ou suspensión non só ha de estar fundamentada e xustificada, senón que como mínimo, ha de ser notificada ao interesado, quen de acordo coa Lei de Procedemento Administrativo, poderá formular alegacións, propor probas e, en ultima instancia, unha vez esgotada a vía administrativa acudir aos tribunais, esixindo o amparo ou a protección dos seus dereitos. Cando a actuación administrativa carece de resolución previa que lle sirva de fundamento xurídico, é contraria á legalidade. Está prohibida con rotundidade no artigo 93 da LRJ-PAC.

E a dita falta de acto previo son asimilables aqueles casos nos que, existindo tal acto, este vese afectado dunha irregularidade substancial, que permite falar de acto nulo de pleno dereito ou ata inexistente véndose privado da presunción de validez que predica de todo acto administrativo o artigo 57.1 da LRJ-PAC. Pois se, isto que parece tan simple non sempre se cumpre. Por iso é polo que existan moitos rexedores locais que fóra das canles legais actúan ou campan ás súas anchas cal se o concello fose a súa facenda particular ou o seu ranchiño.

Este tipo de actuacións non tiveron o correcto freo, ou o que sería desexable, ao non existir mecanismos de control administrativo que en certo xeito impidan prácticas abusivas, amparadas nesa presunción de legalidade que outorga a roupaxe da Administración. Desta forma o único freo vén constituído pola actuación xudicial, o que non só orixina contratempos senón múltiples gastos, en moitos casos do todo punto inxustificados. Máxime agora onde o dereito á tutela xudicial efectiva estase convertendo nunha entelequia coa aplicación da Lei de Taxas.

Por iso é polo que esta semana os placeiros de Pontedeume tivéronse que plantar, ante a actuación dun rexedor que sen procedemento nin notificación algunha decidiu que se trasladen do mercado á zona da lonxa para exercer a súa actividade, sendo coñecedores os titulares de cada posto unicamente do sustitutivo asignado nun sorteo do que nin sequera consta un acta levantada. Postos, nos que ademais os titulares non poden desenvolver a súa actividade dada a carencia de espazo suficiente, paredes de pladur que non permiten colgar pesos, ausencia de expositores, etc.

E isto sucede a pesar de haberse presentado coa suficiente antelación un escrito no que se esixía unha notificación das modificacións na súa concesión administrativa. Nada se resolveu. Sobre isto nada se sabe. Segundo indícase, na única resolución notificada, o traslado vén imposto a consecuencia das obras a executar no edificio do mercado. Isto é o único, pois se descoñece a duración das obras, as partidas de execución, ou o retorno ou non ao seu posto orixinario do mercado.

Iso si, lonxe de amedrentarse, henchido de orgullo e en uso das súas prerrogativas recorrerá ao exercicio da forza, ordenando o desaloxo o vindeiro luns, onde retirará as súas pertenzas (as non perecedoiras) que xa dirá onde as deposita. E todo a costa do peto dos concesionarios que "polos seus collóns" vanse, si ou si. Triste que un rexedor confunda un concello coa súa entreperna por iso é polo que se move a golpe de impulso. Triste que este tipo de cuestións non nos causen estupor. De novo o uso e abuso das facultades que outorga o rexentar unha administración ha de ser proscrito, e os administrados, cidadáns correntes, non poden asistir pasivos ao actuar propio dun goberno local intolerante.

1 de nov. de 2013

Incidentes no pleno

A enésima cacicada

Pontedeume parece condenado a sufrir un caciquismo que se cría xa trasnoitado, un caciquismo propio do século XIX. As ameazas de desaloxo e traslado forzoso dos praceiros do mercado municipal son a enésima cacicada dun goberno que vela polos intereses ocultos dos máis poderosos en detrimento dos veciños da vila. O que podería ser razonábel, traslado momentáneo mentres se executan as obras de remodelación do edificio do mercado, deixa de selo cando non se aclaran nin os prazos das obras nin o sistema de financiamento. Porque o certo é que a rehabilitación do mercado non é posíbel financieiramente na actualidade.

Que se agocha entón na decisión gubernativa do traslado? Un desaloxo. Pero un desaloxo definitivo para deixar libre ese enorme espazo ubicado no centro comercial da vila. Un apetecido enclave para calquera holding da alimentación desexoso de instalar nel un gran centro alimentario. O alcalde apostaría por unha concesión a unha destas grandes empresas a cambio de que esta se fixese cargo dos gastos da rehabilitación do edificio.

Que catorce pequenos empresarios perdan o seu modo de vida é secundario para o goberno local, como o é que Pontedeume perda un dos seus atractivos: a venda de produtos locais á marxe da distribución industrial. E pensemos que o mercado é un foco de atención para numerosos veciños da comarca e polo tanto unha fonte de ingresos para a economía local. Non pensan así os pequenos caciques máis dados a favorecer ás grandes firmas comerciais. Neste país xa se sabe que estas soen ser xenerosas cos mandatarios sensibeis aos seus intereses.

25 de out. de 2013

Unha concesión á marxe da lei

A concesión ao concello de Pontedeume do campo de deportes do ÍES Fraga do Eume para uso de aparcadoiro de vehículos durante 35 años amáis dun escandaloso expolio que lesiona os dereitos dos alumnos, podé incorrer  nunha grave ilegalidade.

Algunhas decisións controvertidas

Os térreos nos que se asenta o instituto foron cedidos polo ente Portos de Galiza á Consellaría de Educación para construir o centro educativo. Esta cesión impide calquera outro uso que non sexa o propio dun centro educativo. Porén os responsabeis de Educación non vacilan á hora de ceder 2700 metros cadrados como aparcadoiro público.

 A ordenanza que regula as características e usos que deben ter os centros de ensinanza estipula que que as instalacións destes só poden ser cedidas temporalmente para usos estrictamente educativos, culturais ou deportivos. Nada que ver coa utilidade que se lle quere dar.

Asemade ditos centros deben contar cun espazo de recreo para disfrute dos alumnos cunha extensión mínima de 900 metros cadrados. A desaparición do campo de deportes deixa ao instituto sen o necesario recinto e obrigao a quedar fóra da legalidade.

E por se non abondase, unha flagrante contradicción do Concello de Pontedeume. A corporación aprobou inicialmente hai 4 anos o plan xeral de ordenación municipal e nel se cualificaba o agora aparcadoiro como terreo de uso escolar. 

9 de out. de 2013

Pais e docentes do IES A Fraga eumés defenden o seu campo de fútbol

Anuncian protestas contra a decisión de Educación de convertelo nun aparcadoiro

Tras meses de escritos nos que reclamaban que o espazo tivese un uso deportivo, o Anpa acábase de decatar de que a Xunta desestima todas as súas peticións. «O escrito fíxonolo chegar o centro, nin sequera notificáronnolo a nós», explica unha das integrantes da asociación de pais.
A Asociación de pais e nais do IES A Fraga, así como os docentes levan meses realizando escritos para que o centro escolar conserve o seu campo de fútbol, que a Consellería de Educación e o Concello de Pontedeume converteron xa nun aparcadoiro de uso libre.
Protestas
O claustro e a Confapa secunda a petición que realiza boa parte da comunidade escolar. «É un dos poucos espazos que quedan para que xoguen os nenos e non só os alumnos do centro, pódeo utilizar todo o pobo», detalla unha das representantes do Anpa, que non esconde o seu desgusto co goberno local, que sempre se mostrou partidaria de situar na zona un aparcadoiro público permanente.
Os pais recordan que este espazo era un dos máis usados do municipio, a pesar de que estaba en malas condicións. De feito, o pasado mes de xuño xogouse un campionato que incluía sesións maratonianas de máis de cinco horas durante as que os menores tiveron que xutar o balón no medio de grandes charcos de barro, xa que o céspede xa era case inexistente.
Pola súa banda, desde o Concello de Pontedeume non responderon onte ás chamadas de La Voz.
A voz de Galicia

21 de set. de 2013

Unha lamentábel concesión

Na nosa vila séguese apostando polo automóbil en detrimento da educación. Bótase en falta unha formación adecuada dos representantes políticos.

A Consellaría de Educación acaba de outorgar ao Concello de Pontedeume o campo de deportes do IES Fraga do Eume en réxime de concesión por un período de 10 anos, prorrogabeis ata 75.  A concesión será para uso gratuito como aparcadoiro público.

A resolución da consellaría - con data de 06/09/2013) - obriga ao concello a unha serie de obras e instalacións, entre outras a construción dun muro de peche e separación co IES, que deberá contar cos portais necesarios para os accesos destinados ao mantemento do centro educativo. Asemade deberá subscribir unha póliza de aseguramento de responsabilidade civil por un importe mínimo de 600.000 euros

Non é doado entender como unha consellaría mal chamada de educación vela polos intereses dos comerciantes eumeses  e expolia o dereito dos alumnos a recibir unha ensinanza integral da que o exercicio físico e as actividades lúdicas son  pilares fundamentais.

A concesión das instalacións educativas foi solicitada polo goberno municipal do Partido Popular apoiado polo PSdG e a instancias de Ucoa (asociación de comerciantes). Que a meirande parte dos representantes políticos eumeses decidan ignorar a necesidade, non só de potenciar e mellorar os centros educativos, senón de preservar o pouco que teñen, dá unha idea da nula importancia que estes xestores públicos conceden á educación da xuventude. O seu comportamento aseméllase máis ao dun fracasado escolar que ao dun aventaxado alumno que aprendeu a valorar a trascendencia da educación.



16 de ago. de 2013

Licítase a mellora do tellado do mercado municipal

O Concello de Pontedeume anuncia no DOG do 14 de agosto a licitación da rehabilitación da cuberta do mercado municipal. Dase un prazo de tres meses para executar as obras e o procedemento é aberto cun único criterio: o factor prezo. O valor estimado polo Concello é de 293.516,17 euros.

Unha vez máis comprobamos que a política deste concello redúcese a unha soa cousa: o parcheo. En lugar de acometer as obras necesarias para rehabilitar por completo o edificio do mercado municipal tal e como anunciaron aos catro ventos, limítanse agora a aplicar un insuficiente parche: cambiar as tellas para que non chova dentro.

Será unha boa excusa para trasladar aos praceiros aos locais dos almacéns de Raxoi cos conseguintes prexuizos que lles ocasionará aos seus negocios. Un traslado que promete ser eterno por canto a rehabilitación definitiva do mercado non se albisca a medio prazo. Á falta de orzamentos hai que engadirlle escuros intereses. Todo o mundo lembra como hai algúns anos unha coñecida empresa de alimentación pretendía instalarse no recinto do mercado desprazando aos actuais vendedores. Pode ser esta a ocasión propicia para levar a cabo un reacondicionamento dos praceiros. Amparándose nunha falta de medios para acometer a rehabilitación, veriase con bos ollos desde o Concello a aparición dun "salvador" privado que sufragase as citadas obras a cambio do permiso de explotación. Se os praceiros queren conservar os seus postos de traballo deberían obter o compromiso formal, non verbal, dun pronto regreso ao edificio construído por Antonio Tenreiro


10 de ago. de 2013

Greenpeace denuncia que Galiza destruíu unha quinta parte dos seus primeiros 500 metros de costa

Sanxenxo, o municipio galego que máis costa destruíu durante os anos de burbulla inmobiliaria, inclúese entre os 25 peores do Estado

É a sexta comunidade autónoma que máis costa destruíu

Nigrán, Vigo ou Pontevedra destruíron máis do 70% do seu litoral


Greenpeace presentou en roda de prensa, a decimotercera edición do informe Destrución custe o que custe 2013 no que por primeira vez e mediante o uso de imaxes de satélite analízase, municipio por municipio, a situación dos primeiros 500 metros de costa de Galicia. 

Esta comunidade xa destruíu unha quinta parte desta franxa de litoral. De entre os 71 municipios litorales galegos, Greenpeace sinala cales sucumbiron máis á burbulla inmobiliaria pero tamén que municipios teñen unha costa máis protexida. Ademais o informe mostra como a nova Lei de Costas supón unha nova ferramenta para urbanizar o litoral. Greenpeace conclúe que a ocupación da primeira liña de costa foi masiva e que este proceso verase reforzado pola nova Lei de Costas, que supón unha nova ferramenta para seguir urbanizando o litoral.

Os datos do noso informe mostran unha costa inundada de ladrillo. Serven para reflexionar sobre o que sucedeu e decidir que tipo de xestión do litoral queremos no futuro. Agora, os alcaldes e alcaldesas teñen na súa man a protección do litoral e o desenvolvemento económico sostenible dos seus municipios?, declarou María José Cabaleiro, directora de Campañas de Greenpeace.

Sanxenxo, o municipio costero máis destruído de Galicia
Greenpeace identificou os 25 peores municipios do Estado (1) a partir de distintas variables analizadas. Entre elas, a maior superficie absoluta artificial, a maior superficie artificial na franxa dos primeiros 500 metros respecto de a total do municipio, os municipios que máis rápido creceron e os que antes deixarían de ter chan natural. En Galicia atópase un destes municipios, Sanxenxo (Pontevedra). 

A costa do concello de Sanxenxo ten unha gran presión urbanística sobre unha parte do litoral, que se traduciu na invasión do dominio público marítimo-terrestre. Neste municipio realizáronse varios deslindes, que ao non finalizarse nun tempo razoable permitiron que os límites da zona de servidume de protección non estivesen claros, propiciando unha gran desorde urbanístico. Constructoras como Construcuatro, do deputado e ex alcade Telmo Martín foron multadas por invadir a praia. 

As cifras da desprotección
Para entender a magnitude da destrución basta con sinalar que a franxa dos primeiros 500 metros de costa representa tan só 0,55% da superficie de chan do Estado. Pero en Galicia, só esa franxa dos primeiros 500 metros, representa un 1,59% respecto ao total da comunidade. Ocupa o sexto lugar das dez CC. AA. con máis superficie artificial na costa, o 19%. E por provincias, Pontevedra está á cabeza co 32% da súa costa destruída, seguida da Coruña co 13% e Lugo co 10%. 

A escala municipal, Cangas do Morrazo (Pontevedra), Rianxo (A Coruña), Fisterra (A Coruña), Muros (A Coruña) e Ferrol (A Coruña) serían os cinco concellos galegos que máis rápido destruíron o seu patrimonio natural durante os anos de burbulla inmobiliaria. 

Doutra banda, os municipios máis urbanizados son, segundo o valor da porcentaxe de superficie construída nos primeiros 500 metros de costa: Nigrán (Pontevedra) co 71% da franxa dos 500 metros urbanizados, Vigo e Pontevedra co 70%, A Coruña co 69% e Fene (A Coruña) co 68%. 

A costa máis protexidaGreenpeace sinala positivamente que Galicia posúe o 21% dos 155 municipios costeros que construíron menos na súa primeira liña de costa (2). Un total de 33 concellos galegos teñen apenas un 3,2% de ocupación na franxa dos primeiros 500 metros de costa. Fronte a aqueles municipios que destruíron o litoral, outros optaron por protexer unha parte importante da súa costa. Con todo, moitos municipios ven na protección ambiental un escollo económico e promueven activamente a desclasificación dos espazos protexidos. Bueu (Pontevedra), con 38% de chan protexido na costa; Riveira (A Coruña), co 35%; Vigo (Pontevedra), co 29% ou Vilagarcia de Arousa (Pontevedra) co 8%, son os municipios con maior protección efectiva con figuras de protección efectiva baixo normativa de parques protexidos, polo menos sobre o papel. 

Cambio climático
A construción de urbanizacións e infraestructuras na costa aumenta exponencialmente o risco por efecto do cambio climático e maior exposición a inundacións ou a torrentes. A conservación do estado natural da franxa dos primeiros 500 metros é esencial, xa que actúa como barreira de protección. Galica verá aumentar o seu nivel medio do mar ata 35 centímetros. Para amortiguar os posibles impactos en portos, necesitarase aumentar o tamaño das estruturas en noiro, das zonas moi expostas ao oleaje exterior ata un 50%. 

Previsións para 2030
Aínda que moitos municipios xa teñen urbanizado máis do 90% da súa costa, outros aínda dispoñen de boa parte sen urbanizar. A nova Lei de Costa permite que se reduza a protección de 100 a 20 metros en determinados tramos o que significa que si se segue construíndo nestas zonas, a costa sufrirá un colapso total en 124 anos. 

A pesar do parón absoluto da construción a partir de 2008, a principal ameaza actual é a cantidade de chan declarada como urbanizable aínda que non urbanizada ou os novos impulsos do sector turístico residencial. Ademais, coa escusa da crise económica e debido aos recortes, existe o risco de que calquera proxecto de construción poida ser aprobado por uns controis máis laxos ou inexistentes. Xa o vimos coa nova Lei de Costas?, declarou Alicerce Marcos, responsable da campaña de Costas. 

A nova Lei de Costas, lonxe de fortalecer a protección do litoral,permite novas formas de explotación. A costa, que na anterior lei contemplábase como un recurso natural finito, transfórmase neste novo texto nunha superficie de desenvolvemento económico. Con todo, aínda existe unha oportunidade si empézanse a tomar medidas concello a concello.

Greenpeace propón as seguintes medidas: os municipios deben declararse insumisos na aplicación da nova Lei de Costas e a UE debe parar esta nova Lei, os plans urbanísticos municipais deben ser revisados para non permitir máis construcións; os parques naturais deben ser respectados, non de debe construír en zonas de risco por cambio climático e ademais débese promover unha fiscalidad verde para favorecer aos municipios mellor conservados. A participación ambiental debe ser fundamental en todos estes procesos. 



Notas
(1) Unha breve explicación das causas e o desenvolvemento urbanístico e industrial destes municipios pódese atopar neste documento


(2) Municipios menos urbanizados (na lista dos 155 municipios menos construídos do Estado):
Arteixo (A Coruña)
Barreiros (Lugo)
Bueu (Pontevedra)
Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Camariñas (A Coruña)
Carballo (Pontevedra)
Agarimo (A Coruña)
Carnota (A Coruña)
Cedeira (A Coruña)
Corcubión (A Coruña)
Dumbria (A Coruña)
Fisterra (A Coruña)
Foz (Lugo)
Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Mañon (A Coruña)
Muros (A Coruña)
Muxia (A Coruña)
Narón (A Coruña)
Noia (A Coruña)
Oia (Pontevedra)
Ou Rosal (Pontevedra)
Ortigueira (A Coruña)
Outes (A Coruña)
Ou Vicedo (Lugo)
Paderne (A Coruña)
Ponteceso (A Coruña)
Porto do Son (A Coruña)
Ribadeo (Lugo)
Rianxo (A Coruña)
Valdoviño (A Coruña)
Vimianzo (A Coruña)
Vilaboa (Pontevedra)
Vilanova de Arousa (Pontevedra)

GREENPEACE

9 de ago. de 2013

Destrución a toda costa 2013-Greenpeace


Nas últimas dúas décadas, a costa española perdeu unha superficie equivalente a oito campos de fútbol ao día. Durante máis de 13 anos, Greenpeace denunciou a destrución dun recurso tan prezado e importante como é o litoral. Cada ano, coa elaboración do seu informe Destrución a toda costa (DTC), a organización analizou as principais ameazas do litoral.

Cada día a construción devora no noso país unha superficie de costa similar a oito campos de fútbol. Pero en lugar de protexer o pouco que nos queda, o goberno acaba de aprobar unha nova lei de costas que permite construír aínda máis preto da beira. A Comisión Europea está pensando en intervir, pero só un claro mandato cidadán pode empuxarlles a actuar. Greenpeace e Avaaz van presentar unha denuncia formal ante a Comisión que, de ser aceptada, supoñería o inicio dun procedemento de infracción que podería paralizar a lei. Todas as firmas recolleitas acompañarán esta denuncia. Non hai tempo que perder. Esta pode ser nosa mellor oportunidade.

¡Asina aquí esta petición urxente para salvar a costa!

GREENPEACE

26 de xul. de 2013

Os recortes matan


"O sindicato de maquinistas (Semaf) asegura que a traxedia podíase evitar se na estación de Santiago funcionase o sistema de seguridade ERTMS, máis avanzado que o ASFA e o que se usa nas liñas de alta velocidade, posto que detería o tren automáticamente."


16 de xul. de 2013

Gamberrismo na Insua

Obra do Concello



Acceso á praia
Algúns usuarios da praia da Insua en Boebre deben considerar que polo feito de ser bañistas asiduos poden tomarse certas liberdades. Por exemplo, cementar a praia. Hai xa uns poucos anos (4 ou 5) fixeron unha plataforma de cemento sobre un acantilado para aproveitar a auga dun arroio.

Deberon pensar que esta acción ademais de positiva non era motivo de sanción polas autoridades. Así que posteriormente se animaron a cementar as escaleiras de baixada ao areal.
Esta vez houbo unha denuncia pola que os gamberros do cemento foron multados cunha cantidade irrisoria pero non obrigados a devolver o acceso ao seu estado orixinal.

Quizais o atrevemento destes gamberros se deba ao exemplo con que o Concello de Pontedeume sentou cátedra. Porque foi precisamente o Concello o primeiro que practicou este tipo de gamberrismo cando cementou unha parte da praia para montar un chiringuito de bebidas e xeados.

Con estes mestres non nos estraña estes alumnos.

5 de xul. de 2013

Involución



"Verde que te quiero verde”. Lorca

"Poderán cortar todas as flores, pero non poderán deter a Primavera".  Neruda

"Séculos, milleiros de anos nos que a Natureza moldea e alenta unha paisaxe. Logo, nunhas horas o home, bastardo da Natureza, troca unha marabilla nunha deformidade" Montero

4 de xul. de 2013

El País: A agonía dunha árbore de 500 anos

O xornal El País adícalle un extenso artigo á deporábel actuación urbanística que levou á desaparición dunha árbore senlleira en Pontedeume: o teixo dos Tenreiro. Unha actuación que se repetíu no caso doutro teixo destruído pola construción dunha rotonda.
 Ler aquí o artigo













30 de xuño de 2013

A SGHN preocúpase polo teixo



A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) cuestiona o método e as accións que desde a Dirección Xeral de Conservación dá Natureza impulsáronse para tratar de salvar a vida ao centenario teixo que está ao final do paseo marítimo de Pontedeume. Á marxe de recordar que se trata dun dos exemplares incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras e "que foi admirado en toda Europa pola súa antigüedade e peculiar forma" tal e como se subliña desde a entidade anúnciase a máis que probable morte da árbore á vista do fracaso continuado dos tratamentos aos que foi sometido o tezo (Taxus baccata).

Diagnósticos contradictorios e reiteradas podas foron, segundo a SGHG, algunhas das causas que deron orixe á situación na que a día de hoxe atópase a árbore. Este, segundo os responsables da entidade ecologista, "canso dás torpezas daqueles que deberan velar pola súa boa saúde e porque a súa sombra perdurara non tempo, probablemente prefira morrer a seguir escorecendo baixo as torturas dúas burócratas que non aman as árbores, nin respectan valóresvos naturais, culturais e históricos do seu país"

O teixo presenta hoxe, segundo a SGHN, un espectro fantasmagórico insiro nun paseo rodeado de lixo e sometido ao ruído continuo dá autopista.

Por outra banda, non fai nin dúas semanas que o Concello de Pontedeume anunciou a contratación dun informe para coñecer o estado dun segundo teixo. Este localízase nas inmediaciones da estación de servizo e viuse afectado, segundo despréndese do aspecto que presenta, pola construción da rotonda que o Ministerio de Fomento executou na zona para agilizar o tráfico de vehículos polo centro urbano da vila. (diario de Ferrol)

28 de xuño de 2013

Onde dixen digo...

Xuño do 2009 (La Opinión): O Partido Socialista (PSOE) de Pontedeume critica a actitude do Goberno local que rexe Gabriel Torrente con respecto á polémica xurdida polo uso, durante a época estival, do campo de fútbol anexo ao IES Fraga do Eume como aparcamiento de vehículos. 

Os socialistas consideran que o Executivo municipal tomou decisións respecto diso que non respectan a moción aprobada por unanimidad no mes de outubro do pasado ano, "onde claramente especificábase o respecto á vontade do Fraga do Eume".

O PSOE insta ao alcalde a que retome o diálogo para chegar a "acordos imprescindibles" para o uso por parte do Concello do terreo deportivo do centro escolar como parking.

Tamén critica á Xunta e acúsalle de "pisotear" a autonomía do centro ao tomar decisións sen escoitar ao consello escolar, órgano que rexe o centro e no que está representada a comunidade educativa.

Por esta razón os socialistas eumeses esixen que se retomen as conversacións cos representantes do centro.

Novembro do 2012 (Pleno do Concello): No pleno celebrado na casa consistorial aprobouse que o Concello de Pontedeume solicite á consellaría de educación a cesión do campo de deportes do IES Fraga do Eume para uso exclusivo dos automobeis. A iniciativa foi sacada adiante cos votos do PP, abanderado da idea, e do PSOE, cuxo representante se congratulou publicamente de conseguir resolver o problema do aparcadoiro a expensas dos dereitos dos alumnos do instituto a recibir unha adecuada formación deportiva e física. Eso si, sen contar coa opinión dos representantes do centro.

Este é o panorama que nos ofrece a clase política eumesa. A incoherencia como marca de clase, o  falar por falar, a falta de memoria e o vaivén ideolóxico.