Obra do Concello |
Acceso á praia |
Algúns usuarios da praia da Insua en Boebre deben considerar que polo feito de ser bañistas asiduos poden tomarse certas liberdades. Por exemplo, cementar a praia. Hai xa uns poucos anos (4 ou 5) fixeron unha plataforma de cemento sobre un acantilado para aproveitar a auga dun arroio.
Deberon pensar que esta acción ademais de positiva non era motivo de sanción polas autoridades. Así que posteriormente se animaron a cementar as escaleiras de baixada ao areal.
Esta vez houbo unha denuncia pola que os gamberros do cemento foron multados cunha cantidade irrisoria pero non obrigados a devolver o acceso ao seu estado orixinal.
Quizais o atrevemento destes gamberros se deba ao exemplo con que o Concello de Pontedeume sentou cátedra. Porque foi precisamente o Concello o primeiro que practicou este tipo de gamberrismo cando cementou unha parte da praia para montar un chiringuito de bebidas e xeados.
Con estes mestres non nos estraña estes alumnos.