29 de maio de 2011

Nota do Secretariado de Xuíces para a Democracia respecto do desaloxo das acampadas do movemento 15M

O secretariado de Xuíces para a Democracia quere trasladar á opinión publica o seu frontal rexeitamento aos medios utilizados polas forzas de orde publico en intento de disolución e desaloxo dos espazos públicos dos acampados na protesta cidadá coñecida como 15M. As imaxes vistas evidencian unha clara desproporción nos medios empregados pola policía, as razóns dadas para este desaloxo resultan un insulto para un estado social e de dereito que debería tutelar o dereito das persoas a utilizar a vía publica e manifestarse libremente.

O movemento 15M deu mostras todos estes días dun profundo sentimento cívico, foron capaces de canalizar as súas protestas sen incidencias na orde publico, converteron a protesta nun exercicio de indignación pero tamén de respecto, polo que os seus organizadores ocupáronse de modo permanente de xestionar os espazos e a afluencia de persoas para solidarizarse ou incorporarse á protesta.

A decisión de desaloxar a estas persoas dos espazos que ocupaban resultou frustrada pero as imaxes da represión, onde vimos como eran golpeadas persoas que o único que facían é estar sentadas no chan dunha praza, lévannos a expresar a nosa protesta e rexeitamento, requirindo que se abra unha investigación publica para identificar a quen ordenaron estes desaloxos.

Secretariado JpD.

19 de maio de 2011