29/07/2011

Salvemos a Alameda

O deterioramento da Alameda vén de moi atrás. Concretamente dende que o goberno municipal encabezado por Belarminio Freire permitíu o estacionamento de vehículos neste espazo verde adicado ao lecer dos cidadáns eumeses. Pero se a decisión de convertirla nun aparcadoiro foi da coalición de goberno PSG+BNG+IP, os posteriores goberno do PP non foron á zaga. As consecuencias saltan á vista e agora os socialistas reclaman que a Alameda debe ser reparada e os vehículos retirados. Digna proposta que non explica por que no seu momento este mesmo grupo alentou a destrución dun espazo secular que xa forma parte da historia de Pontedeume e que, de non evitalo, formará parte das ruínas nas que se van convertir o enclave histórico da nosa vila por mor da mala xestión municipal.

Por último, lembrar que foi o empeño de certos sectores de hostalería os que propiciaron a reconversión da Alameda nun aparcadoiro salvaxe que para favorecer os seus resultados económicos nun dubidaron en devastar este singular espazo. Mal asunto cando a política municipal está sometida aos caprichos do sector empresarial, un sector que debería ser consciente que preservar o conxunto histórico artístico de Pontedeume é garantir un futuro máis próspero
.

21/07/2011

Especulación en Einsa

Os traballadores de Einsa vanse poñer en folga hoxe xoves e mañá venres para protestar contra o despedimento de 43 traballadores que se sumarían aos 20 xa despedidos. 
Ninguén pode dubidar xa de que o plan sectorial que a empresa presentou non tiña como finalidade ampliar as instalacións senón que era unha pura maniobra de especulación urbanística. A pesar diso a corporación municipal en pleno apoiou esta pretensión da empresa que condenaba ao despedimento de boa parte da plantilla. O PXOM aprobado inicialmente por todos os grupos municipais contemplaba converter os terreos de Einsa en Andrade en solo de uso terciario industrial, o que daría paso a un posíbel uso distinto do actual. 
Os traballadores da empresa poden corresponsabilizar ao Concello de Pontedeume dos plans de Einsa que condenan a decenas de familias a engrosar a interminábel lista de parados da comarca. Se dende o primeiro momento os responsabeis municipais deixasen claro que non se ia aceptar a recualificación dos chan, a empresa non emprendería unha reconversión que busca liquidar unha actividade industrial para dar paso á nova Ediciones Informatizadas Inmobiliarias S.L.



19/07/2011

Os culpabeis da crise

Protesta do 15-M para evitar que expulsen a unha familia de dez membros da sú avivenda en Ferrol. O contrato do piso no que reside rescindiuse hai sete anos debido á débeda acumulada.
O movemento 15-M de Ferrol protestará este mércores ante o desafiuzamento previsto dunha familia de dez membros, incluído cinco menores, que vive no barrio de Caranza nunha vivenda do Instituto Galego dá Vivenda e o Solo (IGVS), sen contrato dende hai sete anos.
Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, os "indignados" explicaron a situación de Carmen, unha muller de 56 anos, que non puido intervir na comparecencia porque rompeu a chorar. A afectada traballara para a Xunta de Galicia como limpiadora, e na actualidade está en paro e "en listas de substitución". Vive dende o ano 1985 nunha vivenda do IGVS no barrio de Caranza, xunto aos seus fillos e os seus cinco netos. En total, son 10 persoas na vivenda, pero só perciben "dúas pagas de 400 euros" tras esgotar o paro, segundo asegurou o colectivo de "indignados". Máis información neste enlace