27/01/2014

Un problema de todos



Segundo admite a Xunta de Galiza, o pequeno comercio supón o 13% do produto interior bruto e mantén máis de 110.000 postos de traballo. Pero os datos dos últimos anos son preocupantes. O Instituto Nacional de Estatística alerta que case 5.000 comercios galegos pecharon nos últimos catro anos.

Dúas son as razóns fundamentais desta situación. Por unha banda a crise económica e pola outra a proliferación das grandes superficies comerciais que, lideradas polos grandes monopolios, se ceban no pequeno comercio. 

Os alcaldes das grandes cidades e das pequenas vilas seguen a favorecer a estes trusts comerciais a pesar das nefastas consecuencias para a economía local. O proxecto do mercado municipal de Pontedeume vai nesta dirección.

19/01/2014

Esta é a tendencia

As Pontes estrea mercado municipal e tamén alí o alcalde inclínase por un mercado multifuncional, novo eufemismo para ocultar a privatización. Esta nova forma de entender a política, entregando os servizos públicos ao capital privado, é a tendencia dos alcaldes como o de Pontedeume incapaces de ver as consecuencias negativas deste proceso. Cando noutros países deféndese ao pequeno comercio, aquí apóstase polos grandes monopolios. Ninguén pode dubidar que as verdadeiras intencións de Torrente pasan por entregar o mercado municipal a unha gran empresa do sector alimentario "convivindo" cunha ducia de praceiros que terminarían fagocitados pola competencia. E non só os praceiros, todo o pequeno comercio eumés.

Tómannos por parvos

Cando desde o Concello se incorre nos mesmos fallos, fallos que afectan á poboación de forma evidente, e non se poñen os medios para evitalos, é que ao equipo de goberno "se la suda" o que poida pensar o cidadán. Por outra banda nada novo se lembramos a pouca atención que o alcalde desta vila presta aos seus vasallos. 

Por segunda vez nesta semana os veciños de Pontedeume, ou parte deles, sufriron o consabido corte de auga por mor das averías que se producen na rede de abastecemento. Que é obsoleta ninguén o discute. Pero non parece ser esta razón suficiente para que o rexedor busque os medios necesarios para substituila. Quizais a súa preocupación estea agora en gastar 200.000 € en eliminar unha rampa de acceso do peirao eumés sen saber moi ben cal é a súa finalidade. E é que as prioridades de Torrente son inescrutabeis como os camiños do señor. 

Volvendo ao tema da auga, pode que o equipo de goberno local non vexa a necesidad de ducharse de calquera humano antes de ir ao traballo; pode que non sexan conscientes da necesidade da auga para poder cociñar; pode que non saiban que certas persoas, nenos ou vellos, necesitan da auga a cada momento; pode que non se enteiraran que vivimos no século XXI. Se isto é así, pode que non se duchen, non cociñen nin presten atención aos que a necesitan. E pode que nos tomen por idiotas.

09/01/2014

De que van?

A asociación de comerciantes de Pontedeume (UCOA) moveu ceo e terra ata conseguir que o Concello expropiase o campo de deportes do IES Fraga do Eume e o convertise nun inmundo aparcadoiro. Os directivos da asociación alegaban que o comercio local necesitaba atraer clientes que por falta de aparcadoiros non visitaban a nosa vila.

Cando o mercado municipal foi pechado por decreto de Torrente o comercio eumés sufríu  a maior crise dos últimos anos por falta de visitantes e UCOA non moveu un dedo para conseguir resolver o problema (si argallou unha farsa para lle meter aos praceiros unha oferta do Partido Popular).

Por que tanta preocupación nun caso e nula noutro? Semellante contradicción só pode entenderse se pensamos que este clan de pequenos comerciantes prima a defensa do alcalde sobre os intereses do sector. UCOA destápase así como o brazo tonto de Torrente. A cambio contará co apoio oficial para montar bodrios como Fashion Night, Escondemos un Segredo, Feira Medieval (ao servizo de autónomos foráneos), etc. En fin, unha falta total de miras, propia dun grupo con poucas luces para entender os problemas do pequeno comercio.

06/01/2014

Onde está o espazo público nas nosas vilas?


"Hai moitos xeitos de que o espazo público deixe de ser público sen que ese cambio de titularidad se evidencie a ollos de todos os cidadáns. A máis sinxela é a invasión: privatizalo con pistas de patinaje, con postos de feira, con terrazas de cafeterías...Coa escusa de dinamizar o comercio, a privatización do espazo público, ou o que é o mesmo; a invasión de terrazas e postos ambulantes, está devorando as cidades. Onde antes calquera podía sentarse nun banco, agora só pode facelo quen ten diñeiro para pagar unha copa, un relajante café con leite ou unha cea"


"Estamos vendo hoxe que a cidade non a fan os cidadáns, nin sequera como electores, nin propiamente os políticos con criterios que deberían ser democráticos, senón os oligarcas que manexan cada vez máis os fíos de todo o entramado social: os potentados poñen o diñeiro co que os políticos gañan eleccións e despois esixen o seu tributo como recalificaciones ou plans urbanísticos adecuados aos seus plans financeiros. Neste sentido, os políticos son profundamente incultos e a miúdo lerchos, e o electorado componse nunha gran porcentaxe de persoas de escasa formación e deformada información. Con estes mimbres é moi difícil que unha democracia poida ser real"

(Extraido dun artigo de ANATXU ZABALBEASCOA no País)

03/01/2014

Desaparecido

Algúns xa teñen esquecido o PXOM de Pontedeume. O planeamento urbanístico que tanto necesita este concello e que desde o ano 2009, data na que foi aprobado inicialmente polo pleno municipal, non se volveu a saber nada do mesmo. Xunta de Galiza e a adminsitración estatal esixían ao documento elaborado por Consultora Galega unha serie de modificacións antes de ser aprobado definitivamente. Unha de dúas: ou a empresa redactora tómase o traballo con excesiva lentitude (non cobrou polo encargo?) ou o ominoso goberrno de Torrente non ten ningún interese en aprobalo (este si que cobra). 

A necesidade do planeamento urbanístico é incustionábel. Ordenando racionalmente o territorio consíguese un entorno habitábel e próspero, recupérase o patrimonio cultural e paisaxístico, apóstase por un futuro sostíbel e xenera riqueza. Pero o alcalde de Pontedeume xa deu mostras abondo que as súas preferencias teñen máis de cavernarias que de innovadoras.