25/10/2013

Unha concesión á marxe da lei

A concesión ao concello de Pontedeume do campo de deportes do ÍES Fraga do Eume para uso de aparcadoiro de vehículos durante 35 años amáis dun escandaloso expolio que lesiona os dereitos dos alumnos, podé incorrer  nunha grave ilegalidade.

Algunhas decisións controvertidas

Os térreos nos que se asenta o instituto foron cedidos polo ente Portos de Galiza á Consellaría de Educación para construir o centro educativo. Esta cesión impide calquera outro uso que non sexa o propio dun centro educativo. Porén os responsabeis de Educación non vacilan á hora de ceder 2700 metros cadrados como aparcadoiro público.

 A ordenanza que regula as características e usos que deben ter os centros de ensinanza estipula que que as instalacións destes só poden ser cedidas temporalmente para usos estrictamente educativos, culturais ou deportivos. Nada que ver coa utilidade que se lle quere dar.

Asemade ditos centros deben contar cun espazo de recreo para disfrute dos alumnos cunha extensión mínima de 900 metros cadrados. A desaparición do campo de deportes deixa ao instituto sen o necesario recinto e obrigao a quedar fóra da legalidade.

E por se non abondase, unha flagrante contradicción do Concello de Pontedeume. A corporación aprobou inicialmente hai 4 anos o plan xeral de ordenación municipal e nel se cualificaba o agora aparcadoiro como terreo de uso escolar. 

09/10/2013

Pais e docentes do IES A Fraga eumés defenden o seu campo de fútbol

Anuncian protestas contra a decisión de Educación de convertelo nun aparcadoiro

Tras meses de escritos nos que reclamaban que o espazo tivese un uso deportivo, o Anpa acábase de decatar de que a Xunta desestima todas as súas peticións. «O escrito fíxonolo chegar o centro, nin sequera notificáronnolo a nós», explica unha das integrantes da asociación de pais.
A Asociación de pais e nais do IES A Fraga, así como os docentes levan meses realizando escritos para que o centro escolar conserve o seu campo de fútbol, que a Consellería de Educación e o Concello de Pontedeume converteron xa nun aparcadoiro de uso libre.
Protestas
O claustro e a Confapa secunda a petición que realiza boa parte da comunidade escolar. «É un dos poucos espazos que quedan para que xoguen os nenos e non só os alumnos do centro, pódeo utilizar todo o pobo», detalla unha das representantes do Anpa, que non esconde o seu desgusto co goberno local, que sempre se mostrou partidaria de situar na zona un aparcadoiro público permanente.
Os pais recordan que este espazo era un dos máis usados do municipio, a pesar de que estaba en malas condicións. De feito, o pasado mes de xuño xogouse un campionato que incluía sesións maratonianas de máis de cinco horas durante as que os menores tiveron que xutar o balón no medio de grandes charcos de barro, xa que o céspede xa era case inexistente.
Pola súa banda, desde o Concello de Pontedeume non responderon onte ás chamadas de La Voz.
A voz de Galicia