Anuncian protestas contra a decisión de Educación de convertelo nun aparcadoiro
Tras meses de escritos nos que reclamaban que o espazo tivese un uso deportivo, o Anpa acábase de decatar de que a Xunta desestima todas as súas peticións. «O escrito fíxonolo chegar o centro, nin sequera notificáronnolo a nós», explica unha das integrantes da asociación de pais.
A Asociación de pais e nais do IES A Fraga, así como os docentes levan meses realizando escritos para que o centro escolar conserve o seu campo de fútbol, que a Consellería de Educación e o Concello de Pontedeume converteron xa nun aparcadoiro de uso libre.
O claustro e a Confapa secunda a petición que realiza boa parte da comunidade escolar. «É un dos poucos espazos que quedan para que xoguen os nenos e non só os alumnos do centro, pódeo utilizar todo o pobo», detalla unha das representantes do Anpa, que non esconde o seu desgusto co goberno local, que sempre se mostrou partidaria de situar na zona un aparcadoiro público permanente.
Os pais recordan que este espazo era un dos máis usados do municipio, a pesar de que estaba en malas condicións. De feito, o pasado mes de xuño xogouse un campionato que incluía sesións maratonianas de máis de cinco horas durante as que os menores tiveron que xutar o balón no medio de grandes charcos de barro, xa que o céspede xa era case inexistente.
Pola súa banda, desde o Concello de Pontedeume non responderon onte ás chamadas de La Voz.
A voz de Galicia