26/01/2013

A que nos quedamos sen a gardería?

Está aprobada a construción dunha nova gardería en Pontedeume. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciouno aos catro ventos en Fene. Pero...a conselleira confirmou que o asunto está moi avanzado e que, do mesmo xeito que en Fene, a cuestión de emprazamento do servizo "á espera da aprobación do PGOM" é o único que está demorando a realización do proxecto, para o que xa existe unha consignación presupuestaria de 700.000 euros. Neste caso, o número de prazas será de 74.
Algún día decatarémonos dos prexuizos ocasionados pola falta dun plan de ordenación urbanística?

13/01/2013

Reversión ao Estado

Edicto
Edicto do 10 de decembro de 2012 polo que se fai pública, a efectos de notificación, a citación para o acto de reversión da concesión outorgada por Orde do Ministerio de Obras Públicas do 6 de decembro de 1947 a don José Fraga Couceiro para a ocupación de 1.142,69 m2
de marisma de ría de Pontedeume, co fin de construír un depósito de madeiras cun cobertizo e un pequeno peirao de atraque para embarcacións menores, no término municipal de Pontedeume (A Coruña).

Por sentenza de 19 de decembro de 2002 o Tribunal Supremo estimou o recurso de casación interposto pola Administración do Estado contra a sentenza dictada con data 3 de outubro e 1996 pola Audiencia Nacional no recurso número 1311/994 e desestimó o recurso contencioso-administrativo número 1311/1994 contra a Orde Ministerial do 
23 de decembro de 1992 que declarou a caducidade, por incumplimiento das condicións, establecidas na Ou.M. de otorgamiento da concesión.

En cumprimento de devandita resolución e do establecido nos artigos 164 e 165 da Lei 22/1988, de Costas, esta Demarcación vai efectuar a reversión das obras e instalacións en dominio público ao Estado e a levantar a acta correspondente.
A tal fin fíxase o día 5 de febreiro de 2013, ás 11.00 horas, para levar a cabo dita reversión no lugar da concesión, á cal deberá asistir o concesionario ou representante legal debidamente acreditado.

O que segundo o disposto no art. 60 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE do 27-11-1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro 

(BOE do 14-01-1999), notifícase ao interesado.
DESTINATARIO
D. FRANCISCO PÉREZ SARDIÑA
D.ª CARMEN PÉREZ SARDIÑA
RÍO EUME, S.A.
O xefe da Demarcación de Costas
Rafael Eimil Apenela