30 de dec. de 2005

NOVA PÁXINA WEB

O colectivo FUSQUENLLA xa dispón dunha páxina web que podedes atopar en www.sospontedeume.com
Ainda está enproceso de formación pero xa podedes atopar nela os modelos que vos permitirán denunciar ante a Xunta de Galiza as irregularidades urbanísticas que están a dar-se en Pontedeume. Só se somos moitos a denunciar poderemos albiscar unha solución.

29 de dec. de 2005

Rosalía de Castro

Adiós, rios, adiós fontes,
adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde eu me criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento.

Muiño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños entre o millo,
¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!

Mais son probe, e mal pecado,
a miñ aterra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabalar.

Adiós, adiós que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto
terriña que nos criou.

Adiós Virxe da Asunción,
branca como un serafín,
lévovos nop corazón:
pedídelle a Dios por min
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe
as campanas do Pomar,
para min ¡ai! coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, mási lonxe...
Cada balada é un dolor,
voume soio, sin arrimo...
Miña terra ¡asiós! ¡adiós!

Adiós tamén, queridiña...
adiós por sempre quizais...!
dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!

25 de dec. de 2005

AS INVASIÓNS BÁRBARAS




Así podemos calificar o que se nos vén enriba. Se non tiñamos abondo co de "Caldagueiro" e o de" Correos" agora teremos máis razóns para preocupar-nos, ou para ser máis precisos, para alarmar-nos. Os depredadores da construción están dispostos a conquistar terreos de Ber, Ombre, Nogueirosa, na estrada nacional VI (a carón do colexio Atocha), na Praza de Galicia (parada dos taxistas)...
  • No caso de Ber pretende-se crear unha urbanización que xa fora proxectada hai vários anos pero que agora se quere facer realidade. Hai que salientar que nesta zona non se pode construir por estar protexida pola lei de costas.
  • En Ombre hai un proxecto de Fadesa para construir máis de 200 vivendas.
  • En Nogueirosa hai outro proxecto de plan parcial, tamén con recalificación de terreos..Esta recalificación prevista polo Concello invadiria a zona de 200 m. protexidos pola lei de costas e ademais serviria para "legalizar" as casas xa construidas de forma ilegal.
Tanto na zona de Ombre como na de Nogueirosa xa están os especuladores a enganar aos veciños para mercar-lles terreos que logo se revalorizarán

Na situación actual estes proxectos non son legais por estar situados en solo rústico ou solo rústico de protección costeira; ademais non parece probábel que a Xunta aproba-se que no novo Plano de Urbanismo de Pontedeume aparecesen estes terreos como urbanizabeis.
Que pode suceder entón? O que parece probábel é que o Concello permita estas obras ainda sabendo da sua ilegalidade, do mesmo xeito que permitiu os megaedificios de Caldagueiro e Correos. Unha vez construidos sabemos todos da imposibilidade de volta atrás e teriamos unha lousa máis de formigón coa que pretende sepultar-se ao concello de Pontedeume, ademais dos consabidos beneficios para as empresas construtoras.

Está nas mans do goberno local non conceder estas licenzas nin proceder á recalificación dos terreos que as promotoras están a pedir. O futuro de Pontedeume está en perigo; o rediseño do mapa local non pode ser unha atribución dos mercadores do cemento. Non hai excusas posibeis para non asumir esta responsabilidade: teñen a lei da sua parte e exixe-lle-lo a cidadania. Que a história non os xulgue como comparsas dos especuladores e desleais aos eumeses.

Como cidadáns conscientes do problema que nos afecta, debemos exixir:

ao goberno local
  • que paralice a concesión de novas licenzas até que sexa aprobado o novo plano de urbanismo
  • que paralice as obras actuais que a Xunta de Galiza xa declarou ilegais e aquelas outras que sendo denunciadas se espera un informe da COTOP
á Consellaria de Política Territorial
  • a paralización inmediata de concesión de licenzas de edificación ao igual que fixo en Sada
  • que obrigue ao Concello a acatar o dictame da Consellaria no que se obrigaba a revisar e paralizar diversas licenzas

11 de dec. de 2005

CARTA ABERTA A UN ALCALDE

Ao mellor son moi inxénuo por pretender que o máis elemental sentido común se impoña sobre a insensatez máis atrevida. Tampouco considero que a inxenuidade sexa sempre un defeito, polo menos non maior que o pragmatismo. Quizais vosté elexeu adaptar-se ás circunstáncias e a min resulta-me imposíbel face-lo, máis por incapacidade que por convencimento. Non nego que me gostaria ser prático e aceitar como inevitábel (ainda que fose para ter unha tranquilidade que agora non teño) esta situación de deterioro do entorno que estamos a padecer, entendendo por entorno tanto o medio ambiente como o ambiente urbano, o património, a paisaxe, a luz, as árbores...En fin, todo aquilo que supón unha maior calidade de vida. A min gostaria-me que Pontedeume segue-se sendo, ainda que mellorada, unha vila na que fose posíbel vivir dun xeito máis tranquilo, na que desfrutar do seu património arquitectónico e artístico, da sua tradición; na que poder camiñar por ruas cheas de história escrita nos seus edifícios. Unha vila que soubo traer a milleiros de visitantes precisamente por todas estas cualidades e non por outras. E isto é importante recoñece-lo porque o valor principal de Pontedeume reside fundamentalmente no seu carácter de conxunto histórico-artístico. E vexo agora como pouco a pouco vai-se-lle facendo unha operación de cirurxia estética para adaptar a vila aos tempos da modernidade, unha modernidade chea de formigón, de centros comerciais, de búnkeres soterrados (tamén chamados aparcadoiros), de urbanizazóns, de torres imensas que desafian, -e desafinan- ás pequenas construcións cheas de vida, doutro tipo de vida. E os cirurxáns que levan a cabo a operación son os promotores imobiliários, os que deseñan a nova identidade de Pontedeume. Eu estaria tranquilo se non fose porque me queda a dúbida de se estes señores teñen a capacidade e coñecimentos precisos para afrontar semellante tarefa, unha tarefa libre de personalismos e dirixida a conseguir o ben común. Porque de non ser así, se resulta que o único que se persegue é obter un beneficio económico a expensas do noso estilo de vida, entón terei que lembrar-lle, señor alcalde, que os votos que vosté recibiu foron dos viciños de Pontedeume, e que levamos moi mal que os nosos votos non teñan o peso das influéncias dos mercadores do formigón, que as nosas opinións non teñan a calidade das dos especuladores. Non me gostaria que ninguén conclui-se que vosté menospreza aos eumeses e sobrevalora aos construtores; desde logo non lle seria nada beneficioso.


Mais se vosté foi capaz de me crear desasosego sobre o futuro de Pontedeume tamén me foi capaz de subverter a miña concepción do que debe ser un cidadán. Até agora creo que cumprin cos meus deberes como tal, pagando os impostos, abonando as sancións impostas por descoidos nas normas de tráfico (multas que os seus axentes tiveron a ben asinar), someter-me aos mandatos das leis, e sobre todo inculcar sobre os que de min dependian a importáncia da necesidade de respeitar unhas normas como forma de conseguir a convivéncia; algo, por outra banda, tan de sentido común que se aplica en todos os eidos da nosa actividade diária: hai un regulamento para os deportes, para o traballo, para o tráfico... e para a construción, como non. E onde hai lexislativo, hai executivo. De que servirian unhas normas se logo non fose posíbel velar polo seu cumprimento? Vosté é un executivo, polo cargo que lle toca ocupar, e consecuentemente debe dar exemplo de respeito ás normas. Como se non se atreveria a exixir á sua viciñanza o respeito polos editos que vosté promulga?


Pois ben, non logro entender que se un poder lexislativo, por riba do que vosté representa, lle exixe revisar unha licenza de obra, á cal se lle declara ilegal en determinados aspeitos, e non poucos, vosté opte por facer caso omiso e seguir conculcando a lei. Ou a Xunta de Galiza é incapaz de obrigar a todos por igual ao cumprimento das leis, ou os alcaldes están exentos do acatamento destas.


Comprenda que o meu desconcerto é imenso pois se opto por seguir o seu exemplo podo atopar-me o dia de mañá ante un tribunal que dite sobre min unha dura condena, pero se sigo tentando ser un cidadán respetuoso (algo que por outra banda me produciria a sensazón de estar facendo o parvo) terei que sufragar cos meus impostos os gastos dunhas demolizóns millonárias dunhas obras que vosté se empeñou en permitir a pesar dos mandatos en contra.


Ainda que desorientado, enoxado e descrido, permito-me enviar-lle un respectuoso saudo.


3 de dec. de 2005

A QUEN OBRIGA A LEI?

Non cabe dúbida que o malestar que impera na cidadania eumesa no relativo ao tema urbanístico fixo-se patente cando se levantou, no lugar de Caldagueiro, un inmenso edificio que atenta contra a paisaxe sen xustificación algunha.
Para contradicer a aqueles que aínda esgrimen a legalidade de semellante obra, fago público un informe da Consellaría de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda que desminte estas afirmacións.
Convén le-lo con atención para se decatar da gravidade do que acontece en Pontedeume. Inevitabelmente un non pode deixar de facer-se moitas preguntas.


Xunta de Galicia

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Delegación Provincial

Servicio de urbanismo e inspección territorial



INFORME PROPOSTA DO SERVIZO DE URBANISMO E |INSPECCIÓN

TERRITORIAL DA CORUÑA


EXPEDIENTE

lnformativo de disciplina urbanística OT 107-04/169


Feitos: .

Construción de edificio de vivendas, locais e garaxes.


Emprazamento:

Avda. Doutor Villanueva Municipio: Pontedeume Provincia: A Coruña


Promotor das obras: Promociones Lagares Alvarez S.L.

Av.Ricardo Sánchez,17 15600 Pontevedra


Constructor das obras:

Construeume S.L. Estrada de Pontevedra-Monfero Km.3,3 15608 Pontedeume

Construporto Galicia S.L. Rúa Silva, 3 15350 Cerceda


Técnico redactor do proxecto:

      1. Carlos Centera Baños Rúa Diego de León, 28 -28006 Madrid


Técnicos directores das obras:

D. Carlos Centera Baños (arquitecto)

D.Emilio Piñeiro Hermida (arquitecto técnico)


Como consecuencia da denuncia fornulada de oficio e por dona ........, e conforme ao disposto polo artigo 115 do Regulamento de disciplina urbanístisca, aprobado polo Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro (en adiante RDU): plocedeuse á apertura dun período de información previa en relación cos feitos anteriormente raseñados, co obxecto de coñecer as circunstancias do caso concreto e a conveniencia ou non de iniciar o procedemento correspondente.
Das actuacións informativas practicadas resultan os seguintes:
FEITOS
PRIMEIRO.- En visita da inspección realizada ao Concello de Pontedeume, con data 15 de xuño de 2004, os vixilantes urbanísticos adscritos a este Servizo de Urbanismo constataron que, nun solo clasificado polo planeanento nunicipal como urbano, Zona Ubana de Nivel 2 (Z-1C2); estábase a contruir un edificio de vivendas conposto de planta baixa, seis plantas altas e aproveitamento baixo cuberta; do que nesa data atopábase xa executada a cimentación, estrutura e parte
da albanelería. Sinalando no informe elaborado ao respecto (folio 1 do expediente), que a obra incumpría o parámetro relativo a altura establecido na ordenanza municipal que lle é de aplicación. Complétase o informe con fotografías da
edificación denunciada, plano de situación grafado sobre o planeamento municipal copia da ordenanza aplicable (folios 2 a 8 do expediente).

Co datas 30 de xullo e 3 de agosto de 2004 recébese neste servizo as fotografias remitidas pola denunciante particular (folios 25 a 28 do expediente) e as súas axeitadas apreciacións cualificando a edificación denunciada de “mole e aberraciónno medio da ría".


SEGUNDO.- Da documentación remitida polo concello, a requirimento deste servizo, con data 30 de xullo de 2004; así como da solicitada persoalmente polos vixilantes urbanísticos nas dependencias do Concello e Pontedeume, con data 9 de agosto de 2004; son de destacar os seguintes extremos:
. Previo ao informe técnico favorable do arquitecto municipal, de data 23712/03 (folio 17 do expediente) a comisión de goberno do concello, coa mesma data e nº de expediente 175/2003 (folios 18-21 ), outorgou licenza ubanística municipal
para a construción du edificio de 51 vivendas, tres plantas de soto para garaxes, unha planta baixa comercial, tres pisos altos e un baixo cuberta en solo urbano consolidado nivel 2, Z1-C2 en avda. Dr. Villanueva, do Concello de Pontedeume.

Por acordo de data 6 de abril de 2004 (folio 23) a Xunta de Goberno Local|
aprobou o correspondente proxecto de execución.

. En idéntica data, 6/04/04, a Xunta de Gobeno Local concedeu á promotora licenza de parcelación dunha finca de 4.338,00 m2 en dúas fincas: unha de 623 m2 destinada á cesión ao concello para viais; e o resto da finca matriz, 3.715 m2,
para a construción do edificio que é obxecto deste expediente.

. lnforme do técnico municipal, de data 18 de xullo de 2004, (folios 14-15) no que conclúe afirmando que a licenza outorgada é confone as ordenanzas municipais, tras manifestar, a modo de xustificación: 'Es de tener en cuenta que
paralelamente a la avda. Doctor Villanueva, existe proyectada a un nivel inferior una calle y aún a un nivel más bajo la avda. de Ferrol, y que cuando se edifique en ambas calles la altura de la edificación en parte quedará tapada”.


TERCEIRO.- As obras denunciadas, segundo informe do vixilante urbanístico, de da 20 de setembro de 2004, consisten na construción dunha edificaión destinada a vivendas, locais comerciasis, trasteiros e garaxes; composta de tres semisotos, planta baixa, tres plantas altas e aproveitamento baixo cuberta; que se está a realizar en estrutura de formigón armado e cerramento de ladrillo. A parcela na que se ubica o edificio non está delimitada, a súa superficie segundo o proxecto de parcelación e descontando a supeficie cedida para viais é de 3.715 m2, e segundo o proxecto de execución do edificio é de 2.714 m2.

A edificación sepárase do eixo da estrada da avda. Dr. Villanueva (estrada de Pontedeume á praia de Andahío) 11,40 m., situándose paralelamente a citada avda. e con un fondo de 15,00 m. A altura desde o chan da planta baixa ata a parte inferior do forxado de inicio do plano da cuberta é de 12,50 m. e a altura desde este último punto ata a cumbreira é de, aproximadamente 5,12 m.

Ás datas de inspección. 9 de agosto e 20 de setembro de 2004, as obras atopábanse en cuno de execución, estando rematada a estrutura correspondente aos portais 2 e 3, que se atopan en fase da albanelería; e o portal 1 estça aínda en
fase de estrutura; por non estar rematadas as obras non se procedeu á súa vaaloración inicial nos termos do artigo 77 do RDU.


CUARTO.- No Concello de Pontedeume están vixentes as Normas Subsidiarias Municipais de Planeamento, aprobadas definitivamente o 12 de xuño de 1986, nesta normativa municipal o solo no que se ubican as obras denunciadas está
clascado como solo urbano, Zona urbana nivel 2, séndolle de aplicación a ordenanza Z-1C2.

QUINTO.- No informe do vixilate urbanlstico consígnanse (folios 93 e 94) os seguintes incumprimentos:

1. Respecto da clasificaión do solo no planeamento municipal. indica que, á vista do entorno do edificio e como se pode apreciar na reportaxe fotográfica e nas fotografias aéreas anexas ao informe, o edificio denunciado ubícase nunha masa
de solo entre as estradas de Pontedeume á praia de Andahío e a que vai á estación de trens (LC-143), carente de edificación e que se sitúa fora da malla urbana de Pontedeume, polo que é dubidosa a súa condición de solo urbano toda
vez que non reune os requisitos indicados no artigo 11 da Lei 9/2002. En todo caso, non axiste un grao da urbanización efectivo ao tratarse de parcelas vacantes e non existir as ráas previstas no planeamento, polo que son necesarios
procesos de urbanización, reforma interior etc. con distribución equitativa de cargas e beneficios e non simplemente obras accesorias e de escasa entidade que poidan executane simultaneamente coas obras de edificación ou construción
(artigo 12 lei 9/2002). Ademais os únicos servizos existentes son os de auga e electricidade que existen na estrada á que da fronte a edificación.

2. A construción realmente executada incumpre, alomenos, os seguintes parámetros respecto do proxectoo que serviu de base para a concesión da licenza:

. A altura máxima, que na ordenanza fixase en 12 m. e o edificio ten 12,50 m.

. Abríronse ocos na fachada posterior dos semisotos. ocos que non figuran nos planos do proxecto.

. A cuberta e o aproveitamento correspondente ten unha altura ata a cumbreira de 5,12 m. cando a altura fixada no apartado 2.2 b) das normas municipais éde 4,OO m.

3. O proxecto que serviu de base para a concesión da licenza municipal incumpre os seguintes parámetros das das N.S.M.P. de Pontedeume:

. A planta baixo cuberta ten a consideración dunha planta máis, xa que de acordo co establecido no punto 2.2 apartado a) das N.S. se incluirá dentro do número de plantas, como unha mais, o aproveitamento baixo cuberta no caso
de que se dedique a vivenda; e no proxecto que serviu de base á licenza o baixo cuberta dedícase a vivenda (duplex).

. O incumprimento da altura e número máximo de plantas incúmprese en maior grado no lateral esquerdo da edificación, xa que a limitación indicada de altura debe cumprirse en todas as fachadas, segundo se indica no apartado c) relativo a alturas da ordenanza de aplicación, e neste caso os semisotos teñen a cota do solo por enriba da rasante da rúa lateral á que tamén da fronte segundo os planos do planeamento.

. Non pode admitirse o uso de casetóns abuhardillados no aproveitamento baixo cuberta xa que non se cumpre co número máximo de plantas (apartado 2.2 b)cubertas das normas urbanísticas).

. Os accesos aos garaxes aparecen nos planos da fachada posterior polo que tame se incumpriría a altura máxima na citada fachada.

4. lncúmprese o artigo 104 b) da Lei 9/2002, relativo ás normas de aplicación directa, en canto que a edificación está situada no borde dunha estrada de traxecto pintoresco e a súa situación, masa e altura limitan o campo visual para a
contemplación da beleza natural do entorno.


CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS


1.- En base aos feitos e incumprimentos reseñados nos apartados precedentes, estímase que a licenza urbanística municipal, que ampara a edificación obxecto deste expediente, e que foi outogada con data 23/12/2003, baixo a vixencia da
Lei 9/2002, de ordenación ubanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG); ha de reputarse nula por contravir o ordenamento urbanístico nos extremos que de seguido se expoñen:

1º.- A clasificación do solo como urbano nas NN.SS. de Pontevedra, clasificación na que se fundamenta a licenza, non se corresponde coa realidade física existente na actualidade tal e como se pon de manifesto no informe dos vixilantes
urbanísticos ao sinalar que se trata dun solo ubicado entre dúas estradas, fora da malla urbana, carente de edificacións e dun grao efectivo de urbanización e que unicamente conta con servizos de auga e electricidade ao pé da estrada á que dá
fronte a edificación denunciada. Esta descrición resulta corroborada pola reportaxe fotográfica obrante aos folios 101 a 103 do expediente e pola circunstancia, recoñecida no informe técnico municipal (folio 14 do expediente), da existencia de dúas rúas proxectas que aínda no se chegaron a executar.
O solo no que se empraza a edificación denunciada non pode ser clasificado na actualidade, e moito menos ao tempo de aprobación do vixente planeamento municipal en 1986, fai 18 anos, como solo urbano xa que cono sinala reiterada e
constante xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, sentencias de 26 de xaneio e 20 de novembro de 2000, e de 23 de outubro de 2002): As facultades discrecionais que, como regra xeral, han de recoñecerse ao planificador para clasificar o solo na forma que estime máis convinte, teñen o seu límite no solo urbano, pois solo pode clasificar como tal o que efertivamente o é no momento no que o plan se formule e non outro. A realidade fisica do terreo na actualidade, descrita literal e fotograficamente no informe do vixilante urbanístico, nos termos en que quedan expostos, pon de relevo que as NN.SS de Pontedeume clasificaron, fai 18 anos, como urbano solo que aínda agora carece dunha
urbanización básica constituída por vías perimetrais e dos servicios urbanísticos precisos para ser considerado como tal|. En consecuencia, a ilegalidade da norrna municipal ao clasificar como urbano solo que non o era arrastra a correlativa
ilegalidada da licenza que nela se fundanenta.

En todo caso, aínda que se lle atribuira a este solo a clasificación de urbano, por aplicación da disposicibn transitoria primeira, apartado 1. b) da LOUG, en ningún caso podería calificarse de consolidado por non reunir as condicións establecidas no arfigo 12.a) do devandito texto legal; e tratándose de solo ubano non consolidado serla preciso, conforme ó artigo 20 d) da LOUG, proceder a distribución equitaiva dos beneficios e cargas do planeameno co anterioridade ó inicio da execución material deste, ó que non se procedeu no suposto examinado.

2º.- En segundo lugar, a licenza de referencia vulnera frontalmente a norma de apliación directa contida no artigo 104 b) da LOUG segundo o cal: Nos |lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima ... e nas inmediacións das
estradas ou camiños pintorescos non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos. . . limiten o campo visual para contempla- las belezas naturais, rompan a harmonia da paisaxe, desfiguren a perspectiva
propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto. O valor paisaxístico desta zona está acreditado pola declaracibn da comarca eumesa cono paraxe pintoresco polo Decreto 2.234/1971, paraxes que, conforme á disposición transitoria oitava da Lei 16/1985, de Patrimonio Histórico Español, mentras non sexan reclasificados conforme a disposición final da Ley 15/1975 de Espacios Naturais Protexidos, conservarán a condición de Bens de lnterese Cultural. Asi como pola inclusión da comarca umesa no invetario de patrimonio cultural da provincia de A Coruñaa das Normas Complenentarias e Subsidiarias de Planeamento Provincial: que conforme á disposición adicional segunda da Lei 8/1995, de patrimonio cultural de Galicia, determina a súa inclusión no |inventario xeral de patrimonio cultural| de Galicia.

As propias NN.SS de Potedeume recoeñcen. de xeito incidental|, o valor paisaxístico da zona ó dispoñer na ordenanza Z-1C2 apartado C) (folio 120 do expediente), que “en funcibn de la defensa del paisaje y carácter de la misma, contemplado desde la Rivera, se exigirá que todas las fachadas posteriores de su edificación sean tratadas como fachadas nobles o pricipales". Tal previsión no evita que a edificación obxecto deste expediente constitúa un paradigna dos atentados á paisaxe que o precitado artigo 104 da LOUG poscribe. En efecto, como se aprecia nas fotografas obrantes ao folio 111 do expediente, o edificio sitúase ao pé da estrada de Pontedeume á praia de Andahío, que discurre palela ao borde costeiro, auando, nese tramo de estrada, como unha pantalla de ladrillo e formigón que interrompe a visión e o disfrute das belezas naturais da franxa costeira e da vista panoranica da ría de Ares na desembocadura do rio Eume. Desde outra perspectiva, as fotos obrantes nos folios 25, 26, 27 e 105 do expediente, entre outras, evidencian con contundencia o impacto visual do edificio no paseo narítimo e praia da Magdalena de Cabanas, rompendo a harmonía dapaisaxe.

3º.- Ademais das vulneracións do ordenamento urbanítico que se expoñen nos dous apartados precedentes, a licenza urbanística de referencia infrinxe a normativa municipal, alomenos, no que se refire á altura e número de plantas nos
termos expostos no feito cuarto, apartado 3 deste informe- proposta.

Conforme ao artigo 212-2 da LOUG, en todo caso as licenzas contrarias ao ordenamento urbanístico deberán ser revisadas a través dalgún dos procedementos de revisión de oficio previstos nos artigos 102 e 103 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou polo procedemento do artigo 127 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

II.- Ademais, tal e como se recolle no informe dos vixilantes urbanísticos (folio 93) a obra realmente executada non se axusta as condicións da licenza outorgada no que se refire á altura máxima da edificación (12 m.) que acada 12,50 m.; á
existencia de ocos na fachada posterior dos semisotos, ocos que non figuran nos planos do proxecto que serviu de base á concesión da licenza e á altura de cumbreira que à de 5,12 m. superando os 4,00 m. de altura máxima permitida.

O artigo 209 da LOUG establece: Cando se estivesen executando obras sen axustarse as condicións sinaladas na licenza. o alcalde dispoñerá a suspensión inmediata dos devanditos actos e procederá a incoar o expediente de reposición
da legalidade, comunicándollo ao interesado.

Por tódolo que antecede, en cumprimento do artigo 1 18-1 do RDU, PROPONSE:

Requirir ao Concello de Pontedeume pa que proceda a revisar a licenza outorgada pola comisión do goberno, con data 23 de decembro de 2003 e número de expediente 175/2003. por ser contraria ao ordenamento urbanístico nos terrnos
expostos na consideración xurídica detsa informe: e para que cumpra as súas obrigas, impostas polo artigo 209 da LOUG, respecto das obras executadas sen axustarse ás condicións da referida licenza.

A Coruña, a 11 de outubro de 2OO4

A XEFA DA SECClÓN DE DISCIPLINA URBANÍSTICA:
María Asunción Gómez Casal

O XEEFE DO SERVIZO DE URBANISMO E INSPECCIÓN TERRITORIAL:
Juan Carlos Prado del Valle