29 de dec. de 2005

Rosalía de Castro

Adiós, rios, adiós fontes,
adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde eu me criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento.

Muiño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños entre o millo,
¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!

Mais son probe, e mal pecado,
a miñ aterra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabalar.

Adiós, adiós que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto
terriña que nos criou.

Adiós Virxe da Asunción,
branca como un serafín,
lévovos nop corazón:
pedídelle a Dios por min
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe
as campanas do Pomar,
para min ¡ai! coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, mási lonxe...
Cada balada é un dolor,
voume soio, sin arrimo...
Miña terra ¡asiós! ¡adiós!

Adiós tamén, queridiña...
adiós por sempre quizais...!
dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!