03/06/2011

O Valedor quéixase de Pontedeume

No informe anual que o Valedor do Pobo presentou no parlamento galego destácase o maior número de queixas da súa historia e, fundamentalmente, as referidas a área de educación. Apunta o Valedor que as restricións no gasto deben afectar á educación como última alternativa.
Mais os concellos non se libran das queixas dos veciños e do mesmo Valedor. Láiase este da escasa atención que moitos concellos prestan aos requerimentos da oficina do Valedor do Pobo. 


O groso dos expedientes de oficio iniciáronse por motivos de ruídos nocturnos e o fenómeno do botellón debido a que «aínda existen concellos permisivos» con este tipo de problemáticas. Benigno López incidiu en que «tanto a Lei do Ruído coma os decretos autonómicos de contaminación acústica resultan instrumentos abondo para intervir contra os efectos máis perniciosos» destes aspectos. O groso dos expedientes de oficio iniciáronse por motivos de ruídos nocturnos e o fenómeno do botellón debido a que «aínda existen concellos permisivos» con este tipo de problemáticas. O informe lamenta a falta de colaboración de municipios como Vigo, Oroso ou Boiro, aínda que tamén pon de manifesto a existencia de incidencias noutros como Carballiño, Baiona, Santiago, A Coruña, Muros, Monforte, Melide, Ares, Pontedeume, Redondela, Salceda, Ribadeo, Ourense, Tui ou Noia.