Mais os concellos non se libran das queixas dos veciños e do mesmo Valedor. Láiase este da escasa atención que moitos concellos prestan aos requerimentos da oficina do Valedor do Pobo. 
 O groso dos expedientes de  oficio iniciáronse por motivos de ruídos nocturnos e o fenómeno do  botellón debido a que «aínda existen concellos permisivos» con este tipo  de problemáticas. Benigno López incidiu en  que «tanto a Lei do Ruído coma os decretos autonómicos de contaminación  acústica resultan instrumentos abondo para intervir contra os efectos  máis perniciosos» destes aspectos. O groso dos expedientes de  oficio iniciáronse por motivos de ruídos nocturnos e o fenómeno do  botellón debido a que «aínda existen concellos permisivos» con este tipo  de problemáticas. O informe lamenta a falta de colaboración de municipios como Vigo, Oroso ou Boiro, aínda que tamén pon de manifesto a existencia de incidencias noutros como Carballiño, Baiona, Santiago, A Coruña, Muros, Monforte, Melide, Ares, Pontedeume, Redondela, Salceda, Ribadeo, Ourense, Tui ou Noia.
