A concesión ao concello de Pontedeume do campo de deportes do ÍES Fraga do Eume para uso de aparcadoiro de vehículos durante 35 años amáis dun escandaloso expolio que lesiona os dereitos dos alumnos, podé incorrer nunha grave ilegalidade.
Algunhas decisións controvertidas
Os térreos nos que se asenta o instituto foron cedidos polo ente Portos de Galiza á Consellaría de Educación para construir o centro educativo. Esta cesión impide calquera outro uso que non sexa o propio dun centro educativo. Porén os responsabeis de Educación non vacilan á hora de ceder 2700 metros cadrados como aparcadoiro público.

A ordenanza que regula as características e usos que deben ter os centros de ensinanza estipula que que as instalacións destes só poden ser cedidas temporalmente para usos estrictamente educativos, culturais ou deportivos. Nada que ver coa utilidade que se lle quere dar.
Asemade ditos centros deben contar cun espazo de recreo para disfrute dos alumnos cunha extensión mínima de 900 metros cadrados. A desaparición do campo de deportes deixa ao instituto sen o necesario recinto e obrigao a quedar fóra da legalidade.
E por se non abondase, unha flagrante contradicción do Concello de Pontedeume. A corporación aprobou inicialmente hai 4 anos o plan xeral de ordenación municipal e nel se cualificaba o agora aparcadoiro como terreo de uso escolar.