3 de xan. de 2014

Desaparecido

Algúns xa teñen esquecido o PXOM de Pontedeume. O planeamento urbanístico que tanto necesita este concello e que desde o ano 2009, data na que foi aprobado inicialmente polo pleno municipal, non se volveu a saber nada do mesmo. Xunta de Galiza e a adminsitración estatal esixían ao documento elaborado por Consultora Galega unha serie de modificacións antes de ser aprobado definitivamente. Unha de dúas: ou a empresa redactora tómase o traballo con excesiva lentitude (non cobrou polo encargo?) ou o ominoso goberrno de Torrente non ten ningún interese en aprobalo (este si que cobra). 

A necesidade do planeamento urbanístico é incustionábel. Ordenando racionalmente o territorio consíguese un entorno habitábel e próspero, recupérase o patrimonio cultural e paisaxístico, apóstase por un futuro sostíbel e xenera riqueza. Pero o alcalde de Pontedeume xa deu mostras abondo que as súas preferencias teñen máis de cavernarias que de innovadoras.