A táctica que seguíu o goberno local de Pontedeume para gañarse á cidadanía foi a de desinformar, mentir e facer correr bulos sobre os praceiros. Imos deixar as cousas claras para os que non comulgan con rodas de muiño.
O Alcalde dí que as sentenzas xudiciais danlle a razón
Os autos xudiciais resolven uns recursos postos polos letrados dos praceiros para anular a adxudicación de postos no mercado provisional e traslado dos existentes. Estes recursos tiñan por obxecto adoptar medidas urxentes que paralizasen o desaloxo do Mercado Municipal. É certo que os xuíces denegaron estes recursos pero isto non afecta ao máis importante do problema: en que condicións realizar o trasalado?
Pode o Alcalde obrigar aos praceiros a un traslado nas actuais condicións do mercado provisional?
As mesmas sentenzas son claras ao respecto: "el cierre temporal del mercado tiene que neutralizarse con la adopción de medidas urgentes y transitorias que permitan el funcionamiento de ese servicio público obligatorio, por lo que tampoco se va a suspender la orden de traslado, lo que no obsta para recordar la obligación que los organismos citados tienen de observar las normas vigentes en la materia" É dicir, o traslado debe efectuarse baixo unhas condicións determinadas
Cales son as normas vixentes para os postos de mercado?
O R.D.1376/2003, do 7 de novembro establece as condicións sanitarias de produción, almacenamiento e comercialización nos establecementos de comercio polo miúdo. Por poñer un exemplo, os de carnes frescas deben contar con Mostradores, vitrinas e outros elementos que, en calquera caso, serán frigoríficos, para a presentación ou exposición ó público de toda clase de carnes e demais produtos frescos que se expendan, refrixerados ou conxelados, que evitarán posibles contaminacións. Tamén con lavamans de accionamento non manual, armarios para almacenamento de produtos de limpeza, etc.
Quen debe pagar estes aparellos?
Ao tratarse dunha concesión administrativa é o propio Concello o que debe garantir a continuidade do servizo dotando aos praceiros dunhas instalacións adecuadas nas que podan desenvolver a súa actividade como ata entón o viñan facendo.
O Alcalde dí que non pode pagar con fondos públicos unhas máquinas de uso privativo
Non se trata dun uso privativo. Todas as instalacións seguen a ser propiedade do Concello: mostradores, cámaras, etc
O Alcalde dí non dispor de fondos para financiar estes aparellos
Hai que lembrarlle que no proxecto do mercado provisional debería aparecer esta partida. Se agora non dispón de fondos incorreu nun erro de planificación que debe resolver coa adopción de medidas complementarias e procurar a financiación necesaria
O Alcalde négase a que os praceiros volvan ao mercado da Praza do Conde unha vez rematadas as obras
As sentenzas xudiciais tamén son claras neste punto: "el interés en conflicto debe inclinarse en favor del colectivo de usuarios y de los propios placeros, que no es otro qu eprocurar el inmediato cierre del dec¡ficiente mercado actual y la pronta ejecución de las obras que permitan su reapertura en el menor plazo posible"
Segundo o Alcalde os praceiros queren perpetuar as súas concesións
Nada disto é certo. Nunca se negociou cambiar as condicións das concesións, algunhas das cales vencen no 2015 e outras no 2025
Algúns detractores dos praceiros din que o conflito é un conflito político
O único que fixo un palntexamento político deste conflito foi o propio Alcalde que afirmou que detrás destas mobilizacións agochábase un intento da oposición para quitalo do poder. Pero o certo é que nas mobilizacións non aparecen nin símbolos políticos nin proclamas que non sexan estritamente laborais
Tamén se tenta desprestixiar aos praceiros por mor das baixas cuotas que cotizan
Estas cuotas son postas polo Concello a través das súas ordenanzas. Se nunca se modificaron foi polo desleixo con que os gobernos municipais trataron os asuntos do mercado municipal. Proba diso é o actual abandono no que se atopa despois de tantos anos.
Hai algunha razón legal polo que o Alcalde non quera atender as demandas dos praceiros?
Estas demandas son axustadas a Dereito e polo tanto incuestionables. Nunca se argumentou dende o Concello que non estivesen respaldadas pola lei. A falta de argumentos o Alcalde optou pola vía da sinrazón chegando a afirmar que os praceiros "ían pagar por todo o que lle fixeron, que non se ían ir de rositas"