29 de xul. de 2011

Salvemos a Alameda

O deterioramento da Alameda vén de moi atrás. Concretamente dende que o goberno municipal encabezado por Belarminio Freire permitíu o estacionamento de vehículos neste espazo verde adicado ao lecer dos cidadáns eumeses. Pero se a decisión de convertirla nun aparcadoiro foi da coalición de goberno PSG+BNG+IP, os posteriores goberno do PP non foron á zaga. As consecuencias saltan á vista e agora os socialistas reclaman que a Alameda debe ser reparada e os vehículos retirados. Digna proposta que non explica por que no seu momento este mesmo grupo alentou a destrución dun espazo secular que xa forma parte da historia de Pontedeume e que, de non evitalo, formará parte das ruínas nas que se van convertir o enclave histórico da nosa vila por mor da mala xestión municipal.

Por último, lembrar que foi o empeño de certos sectores de hostalería os que propiciaron a reconversión da Alameda nun aparcadoiro salvaxe que para favorecer os seus resultados económicos nun dubidaron en devastar este singular espazo. Mal asunto cando a política municipal está sometida aos caprichos do sector empresarial, un sector que debería ser consciente que preservar o conxunto histórico artístico de Pontedeume é garantir un futuro máis próspero
.