Achégase o Nadal. As que deberían ser
as festas máis celebradas por tradición, pódense converter nas
máis amargas e duras para unha vintena de familias condenadas a
sufrir a senrazón, a teimosía, a incompetencia, a vulgaridade e a
grosería dun mandatario que, aqueixado de non se sabe que paranoia,
considérase con patente de corso para impoñer os seus caprichos.
Descanse en paz, Sr. Torrente.