No ámbito do Dereito público, unha concesión administrativa é un negocio xurídico polo que unha administración pública atribúe a un ou máis suxeitos dereitos ou deberes dos que carecía sobre bens do dominio público (por ex. o uso, aproveitamento, explotación, uso de instalacións, construción de obras, de novas terminais marítimas, terrestres ou aéreas). Este negocio, pois, xera dereitos e obrigacións como é lóxico.
Polo tanto, calquera modificación e/ou suspensión non só ha de estar fundamentada e xustificada, senón que como mínimo, ha de ser notificada ao interesado, quen de acordo coa Lei de Procedemento Administrativo, poderá formular alegacións, propor probas e, en ultima instancia, unha vez esgotada a vía administrativa acudir aos tribunais, esixindo o amparo ou a protección dos seus dereitos.
Cando a actuación administrativa carece de resolución previa que lle sirva de fundamento xurídico, é contraria á legalidade. Está prohibida con rotundidade no artigo 93 da LRJ-PAC.
E a dita falta de acto previo son asimilables aqueles casos nos que, existindo tal acto, este vese afectado dunha irregularidade substancial, que permite falar de acto nulo de pleno dereito ou ata inexistente véndose privado da presunción de validez que predica de todo acto administrativo o artigo 57.1 da LRJ-PAC. Pois se, isto que parece tan simple non sempre se cumpre. Por iso é polo que existan moitos rexedores locais que fóra das canles legais actúan ou campan ás súas anchas cal se o concello fose a súa facenda particular ou o seu ranchiño.
Este tipo de actuacións non tiveron o correcto freo, ou o que sería desexable, ao non existir mecanismos de control administrativo que en certo xeito impidan prácticas abusivas, amparadas nesa presunción de legalidade que outorga a roupaxe da Administración. Desta forma o único freo vén constituído pola actuación xudicial, o que non só orixina contratempos senón múltiples gastos, en moitos casos do todo punto inxustificados. Máxime agora onde o dereito á tutela xudicial efectiva estase convertendo nunha entelequia coa aplicación da Lei de Taxas.
Por iso é polo que esta semana os placeiros de Pontedeume tivéronse que plantar, ante a actuación dun rexedor que sen procedemento nin notificación algunha decidiu que se trasladen do mercado á zona da lonxa para exercer a súa actividade, sendo coñecedores os titulares de cada posto unicamente do sustitutivo asignado nun sorteo do que nin sequera consta un acta levantada. Postos, nos que ademais os titulares non poden desenvolver a súa actividade dada a carencia de espazo suficiente, paredes de pladur que non permiten colgar pesos, ausencia de expositores, etc.
E isto sucede a pesar de haberse presentado coa suficiente antelación un escrito no que se esixía unha notificación das modificacións na súa concesión administrativa. Nada se resolveu. Sobre isto nada se sabe. Segundo indícase, na única resolución notificada, o traslado vén imposto a consecuencia das obras a executar no edificio do mercado. Isto é o único, pois se descoñece a duración das obras, as partidas de execución, ou o retorno ou non ao seu posto orixinario do mercado.
Iso si, lonxe de amedrentarse, henchido de orgullo e en uso das súas prerrogativas recorrerá ao exercicio da forza, ordenando o desaloxo o vindeiro luns, onde retirará as súas pertenzas (as non perecedoiras) que xa dirá onde as deposita. E todo a costa do peto dos concesionarios que "polos seus collóns" vanse, si ou si. Triste que un rexedor confunda un concello coa súa entreperna por iso é polo que se move a golpe de impulso. Triste que este tipo de cuestións non nos causen estupor. De novo o uso e abuso das facultades que outorga o rexentar unha administración ha de ser proscrito, e os administrados, cidadáns correntes, non poden asistir pasivos ao actuar propio dun goberno local intolerante.