Día internacional da muller traballadora. E as desigualdades seguen. Por poñer só un exemplo nun campo determinado: a universidade. As mulleres acceden en maior número que os homes á universidade e obteñen mellores resultados, pero cando se trata de acceder ao traballo, as oportunidades son para os homes.
Dos premios nacionais de rendemento académico universitario, o 56% corresponde a mulleres.
A partir de aquí xa se percibe a discriminación da muller á hora de acceder ao mundo laboral académico. O número de teses doutorais en mans das mulleres é do 49%, e o personal docente e investigador feminino na universidade é o 38%.
Por non falar da brecha salarial, a diferencia de salarios entre homes e mulleres: estas gañan un 16% menos que os homes.
En fin, un camiño longo e cheo de obstáculos.