26 de feb. de 2015
16 de feb. de 2015
Comunicado da comunidade educativa
A comunidade educativa do IES FRAGA DO EUME pide a paralización das obras previstas no campo de deportes do instituto
O Concello vai malgastar 85.000 euros nunhas
obras malia ser coñecedor de que a cesión dos terreos está recorrida ante o
TSXG
A comunidade educativa do IES Fraga do Eume
quere alertar da irresponsabilidade do Concello de Pontedeume ao adxudicar
recentemente as obras do aparcadoiro do IES cun gasto previsto de 85.000 euros.
Con esta saída cara adiante o Concello está a poñer en risco os cartos das
arcas municipais xa que o Goberno local parece esquecer que nestes momentos a
cesión ao Concello dos terreos do campo de fútbol do IES para a construción dun
aparcadoiro está recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O
alto tribunal aínda non se pronunciou sobre o recurso
contencioso-administrativo presentado pola ANPA 'As Fragas' e o Claustro de
profesores hai un ano, en febreiro de 2014, contra a cesión outorgada pola
Consellería de Educación ao Concello.
Estamos convencidos de que o terreo do campo de
fútbol non se pode destinar a outro uso que non sexa o escolar ou deportivo. Se
finalmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos dá a razón, o Concello
tería que dar marcha atrás. Para evitar este despilfarro de cartos públicos,
solicitamos que se paralicen as obras e calquera actuación prevista no campo de
fútbol do IES Fraga do Eume ata que se coñeza a resolución definitiva do TSXG.
Desde a comunidade educativa do centro non descartamos retomar as mobilizacións
se fose preciso para facer valer as nosas demandas.
Desde o inicio do curso 2013-14 os alumnos xa
non teñen campo de fútbol e apenas espazo para xogar ao aire libre. O noso
descontento vai a máis a medida que pasa o tempo e vemos cómo o campo de fútbol
estase a converter nun terreo impracticable. O uso como aparcadoiro está a
deixar o campo nun estado lamentable. Queremos deixar claro, una vez máis, que
non nos opoñemos a que haxa un aparcadoiro en Pontedeume (sabemos ben a falta
que fai), pero non queremos que se faga a costa dos nosos fillos. Os rapaces de
Pontedeume, sexan alumnos ou non do IES Fraga do Eume, teñen dereito a seguir
dispoñendo dun campo de fútbol que xa existe neste centro e que entendemos que
lles queren arrebatar de xeito irregular.
Pontedeume, 13 de febreiro do 2015
Pontedeume, 13 de febreiro do 2015
15 de feb. de 2015
Aló Presidente
Outro panfleto: Portos se compromete a reanudar as obras do Firrete en Marzo. Nunhas semanas aparecen nos xornais máis novas sobre os "logros" de Torrente que en 8 anos de lexislatura. O que non fixo nese período, pretende facernos crer que xa o amañou en vésperas electorais. Torrente demostra que con tres meses de goberno antes das eleccións resólvense os problemas do concello. Para que pagarlle toda unha lexislatura? Fagamos un repaso:
30 de decembro: Pontedeume sacará de novo a licitación as obras da alameda de Raxoi (La Voz de Galicia)
31 de xaneiro: O Concello contrata a obra do aparcadoiro do IES Fraga do Eume (Diario de Ferrol)
7 de febreiro: O Concello eumés ultima a procura de financiamento para o proxecto do mercado municipal (Diario de Ferrol)
12 de febreiro: Un estudo de arquitectura xa traballa no proxecto definitivo do mercado municipal (Diario de Ferrol)
15 de febreiro: Portos prevé iniciar as obras do clube náutico Firrete en marzo (La Voz de Galicia)
O goberno local atopou unha forma eficaz e barata de facer propaganda electoral. Só abonda con visitar aos altos dargos e facerse a foto para rubricar os compromisos adquiridos. Os medios, dóciles ao poder, encárganse de propagar a boa nova. E os cidadáns comulgamos con rodas de muiño.
14 de feb. de 2015
A comunidade educativa do IES Fraga do Eume pide que non se inicien as obras do aparcadoiro
A cesión dos terreos ao Concello está recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
A comunidade educativa do IES Fragas do Eume de Pontedeume quixo alertar sobre a irresponsabilidad que supón por parte do Concello eumés a recente adjudicación das obras do aparcamiento do centro, dotadas dun orzamento de 85.000 euros. Segundo apuntaron desde o propio instituto, con este paso o concello «está a poñer en risco vos cartos dás arcas municipais», xa que «ou goberno local parece esquecer que nestes momentos a cesión ó Concello dous terreos do campo de fútbol do IES para a construción dun aparcadoiro está percorrida ante ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)», afirmaron. Así, tanto o ANPA como o claustro dixeron estar convencidos de que o terreo do campo de fútbol non debe ser destinado a outro fin que non sexa o escolar ou o deportivo. «Non caso de que ou Tribunal Superior, que aínda non se pronunciou, déanos a razón, ou Concello tería que dar marcha atrás e tirar pola borda todo ese diñeiro», sinalaron. Para evitar o despilfarro de fondos públicos, solicitaron que se paralicen as obras do párking ata que se coñeza a resolución definitiva do TSXG.
Pola súa banda, o alcalde, gabriel Torrente, afirmou que as obras seguirán adiante, xa que se posúen os permisos necesarios para iso. Así mesmo, avanzou que os labores iniciaranse en breve, xa que está previsto que Ormer, a empresa adjudicataria, presenta esta semana a documentación do proxecto.
12 de feb. de 2015
Panfleto electoral
Torrente xa comezou a campaña electoral. Anuncia a contratación dun proxecto para o mercado municipal, contrato xa asinado cun estudo do que forma parte o arquitecto redactor do plan xeral ( e do plan especial de EINSA) que lle custa 60.000 €.
Torrente debería disipar dúbidas en vez de facer campaña. Por exemplo, por que habendo un proxecto xa do mercado feito por Mercasa e do que se fixo publicidade, contrátase un novo por 60.000 €?
Por que se dilapidan eses cartos cando non hai orzamento para construír as obras?
A contratación deste proxecto fíxose atendendo ao principio de concurso público?
Por que, despois da experiencia do PXOM, contrata este servizo co mesmo arquitecto?
6 de feb. de 2015
Por unha dimisión plena
Os socialistas de Pontedeume piden a dimisión de Eugenio Otero, concelleiro de urbanismo. A razón é ter que enteirarse pola prensa do acontecido co plan xeral. Sábese que Otero, ao igual que o resto de camaradas de Torrente, non se distingue precisamente polo seu talante democrático e, polo tanto, entra dentro das súas prácticas a ocultación da información. Se non se coñece o delito, non hai delincuente. Está é a máxima que impera no mundillo político pero que ten a súa orixe noutras cloacas da sociedade.
Non se trata de exonerar a Otero da súa responsabilidade pero non se pode deixar de preguntarse en que estarían pensando eses chamados socialistas que durante estes anos, sen novas do PXOM, non foron capaces de acertar coa porta na que pedir información. Para que non lles volva suceder, neste enderezo poden tramitar calquera queixa sobre o plan de urbanismo se lles parece que vulnera a legalidade:
Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e UrbanismoEdificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tlf. 981544355
Tamén pode ser certo que non se tivo demasiado interese en sacar adiante o plan ou ofrecer alternativas a este, ben por desleixo, ben por descoñecemento. O labor da oposición neste concello, mal que lles pese, é insuficiente, fútil e ás veces interesado. Estamos afeitos a ver que desde os partidos na oposición demándase arranxar pequenos desperfectos no concello, desde puntos de luz ata a limpeza dos camiños públicos pero non se toman en serio o traballo de indagar a fondo nun documento como o PXOM no que se deseña o futuro de Pontedeume. Esas prácticas clientelistas de atracción de votos son máis propias dun concepto caciquil da política que de unha concepción seria da mesma.
5 de feb. de 2015
Realmente crerán que somos pánfilos?
Para os populares galegos a mentira é unha virtude se con ela se consiguen os fins desexados. Resulta que a Xunta non teme ocultar datos e mentir para protexer a incompetencia dun dos seus alcaldes máis criticados: Gabriel Torrente. Cando se lle preguntou aos responsabeis da Xunta polas causas da paralización do PXOM, estes contestaron con argumentos que non resisten a máis mínima crítica.
Non é certo que esquecer presentar uns documentos como os informes sectoriais e a memoria ambiental poida ser razón para rexeitar algo de tanta importancia como un plan de urbanismo. Sabido é que a administración ante casos así ofrece a posibilidade de presentar a documentación esquecida nun prazo de días.
Outra razón alegada foi no nincluír nos planos as modificacións das alegacións presentadas e aprobadas pola veciñanza, un defecto, de cer certo, achacable aos redactores do plan que cobraron por este traballo case 300.000€ das arcas municipais. Pero incorren nunha flagrante contradicción ao dicir que tanto os técnicos municipais como os da Xunta están a traballar nesa corrección.
A verdade é que se está a corrixir certos aspectos do plan que vulneran a legalidade e o executivo galego encubre ao equipo de Torrente. E unha vez máis a cidadanía é vítima dunha falta de respecto e consideración por parte de quen a goberna. Como dixo o concelleiro de urbanismo, xa se saberá cando haxa que sabelo. Hai que ser prepotente e groseiro para menosprezar así aos que un día confiaron neles para levar a bo termo a política municipal.
De momento Pontedeume segue sen plan de urbanismo pola ineptitude de ata tres gobernos incapaces de sacalo adiante despois de 12 anos.
4 de feb. de 2015
O plan de urbanismo nos medios
Por fin, despois de varios meses, os medios de comunicación destapan que o PXOM non foi aprobado pola Xunta. As explicacións dos responsabeis deste desaguisado non responden á realidade máis que nunha pequena parte. Pero si responde á realidade o ton insultante impropio dun servidor público que nega información ata que el decida cando debemos coñecela. Á incompetencia hai que sumarlle autoritarismo para definir a personalidade do executivo local.
3 de feb. de 2015
1 de feb. de 2015
Testosterona no Concello
Aclaradas as dúbidas. Cando Torrente sinalou que ían comezar as obras do aparcadoiro nos terreos do campo de deportes do IES Fraga do Eume, pensabamos que este anuncio só podía deberse a dúas causas: electoralismo ou irresponsabilidade. Xa sabemos que é esta última a verdadeira razón. E unha vez máis o alcalde eumés decántase polo único que sabe facer: deixar constancia de que a el non hai quen lle gañe cando de collóns se trata. Un exceso de testosterona inapropiado para dirixir un concello
As obras comezarán en febreiro e o custo delas será 85.000 €. Como se lembrará, a cesión deste campo ao Concello por parte da Consellaría de Educación está recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Resulta cando menos incomprensíbel que a pesar disto Torrente siga adiante co traballo de cementación cando existe a posibilidade de que o alto tribunal anule a concesión e obrigue a restituir o campo ao centro educativo. De ser así, tiraríanse pola borda 85.000 € máis o custo das obras de reacondicionamento. Pero o popular prefire facer campaña electoral a costa do erario público. Que estraña, por outra parte, a facilidade de captación de fondos para o aparcadoiro pero que difícil conseguilos para a remodelación do mercado municipal, motor económico da vila
Máis comedido parece o representante do PSOE, partido que votou conxuntamente co PP a favor da "expropiación" á comunidade educativa. Conscientes da posibilidade de perder o recurso xudicial, prefiren manterse alonxados da polémica, crendo que o silencio non exime de responsabilidade pero a difumina. Non estaría de máis unha razoábel autocrítica por parte dos socialistas que esqueceron as verdadeiras prioridades de Pontedeume. Porque como sinalaba un comunicado feito pola comunidade educativa do instituto "o prioritario no deseño dos espazos urbanos non son os coches senón as persoas, e que estas teñan accesos a equipamentos deportivos e culturais axeitados".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)