E non é esaxerado tachar de falacia as razóns do goberno. Primeiro, un servizo público pode ser deficitario e non por iso debe suprimirse. É sabido que o estado debe asegurar aos cidadáns unha serie de prestacións básicas que conforman un estado social igualitario e xusto. A educación, sanidade, depuración de augas, recollida de lixo...deben estar garantidos independentemente do seu custo económico.
Precisamente este é a causa da privatización anunciada polo alcalde de Pontedeume. Pero se 700.000 euros -gasto estimado do servizo de recollida- é unha cantidade que o Concello non pode asumir, hai que preguntarse como unha empresa pivada fai facer ese mesmo traballo por unha cantidade inferior. A explicación é ben sinxela: o que vai ser deficitaria é a prestación do servizo.
Unha medida como a anunciada suporá acrecer aínda máis o grave problema da suciedade que asolaga as rúas e parroquias de Pontedefume. Por non falar da situción laboral dos traballadortes do Concello que hoxe ven menoscabados os seus intereses e reputación por mor da mala xestión dos responsabeis políticos eumeses.