Pensou o goberno local que os placeiros do mercado municipal aceptarían os confusos argumentos para trasladarse ás instalacións provisionais dos almacéns de Raxoi. Equivocouse como moitas veces. Trasladarse sen ter un proxecto nin siquera unhas datas para rehabilitar o edificio da praza do Conde sería unha tolería que os comerciantes non están dispostos a cometer. As posibilidades de que o provisional se convirta en definitivo son altas. É máis. Unha solución tan fóra de lóxica como a que presenta o Concello deixa paso a moitas dúbidas sobre as verdadeiras intencións. Que este espazo no corazón da vila é un bocado apetitoso para empresas da alimentación é algo xa vello e coñecido. Quen non lembra o proxecto de Belarmino Freire de converter o mercado nun gran centro comercial explotado por unha firma pontesa?
"Queremos
saber cal será a nosa situación tras o traslado, canto tempo estaremos
en Raxoi e que nos ofrezan garantías de retorno ao mercado, que é onde
temos os nosos postos por unha concesión municipal". Así se expresa un representante dos placeiros que rexeitan o traslado porque temen non regresar ao mercado do Conde.