![]() | ||||
Tres buques hoxe na ría de ares |
O gaseiro Arctic Princess quedou á deriva a dez millas da costa coruñesa despois de abandonar a ría de Ferrol. Leva dous días en alta mar asistido por tres remolcadores xa que o capitán do buque rexeitou entrar na ría de Ares por temor a que a forza do vento o deixase á deriva perto da costa.

A cuestión é saber se as autoridades son esixentes á hora de conceder os permisos para utilizar como fondeadeiro este refuxio natural que é a ría de Ares. Moitos deste barcos son gaseiros que transportan GNL para a planta de Mugardos e ante a imposibilidade de entrar na ría de ferrol optan por agardar na de Ares unha melloría do tempo.
Queda unha interrogante por aclarar. Se o capitán de Arctic Princess considera un perigo fondear na ría, por que se permite que outros barcos si o fagan?