28.3.07
Precisan os sendeiros da man do home?
A cuestión dos paseos marítimos é controvertida. A todo o mundo lle gustan como zonas de recreo e paseo, mais moitas veces non pensamos que pode haber outras alternativas: os sendeiros naturais non violentados polas mans do home. Esta sería unha alternativa racional e sostíbel ao paseo marítimo que se pretende construir en Sopazos.
27.3.07
Mobilizándose contra o cemento
A finalidade desta coordenadora sería estudar a posibilidade de organizar algunha forma de mobilización que podería materializarse nunha gran concentración en Santiago de Compòstela.
Agora xa está fixada unha data para avanzar na formación da coordenadora que impulse este movimento. Celebrarase unha reunión o sábado 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.
Xa está confirmada a asistencia de distintos colectivos como Rede Litoral Vivo, na que están integrados os grupos Asociación O Carballal, Adega, Amigos da Terra, Asociación pola defensa da ría de Pontevedra, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega, Greenpeace, Luita Verde, Verdegaia, *Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín), Anduxía - Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu, Bouzas Móvete, Comité
Cidadán de Defensa Para a Ría de Ferrol , Foro Social de Cangas, Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Plartaforma Ártabra 21,Plaforma contra o viaduto e a variante de Outes, Plataforma pola Defensa da Ría (Cíes), Salvemos Monteferro.
Todos os colectivos e asociacións ecoloxistas, así como particulares comprometidos coa defensa do territorio galego, están invitados a participàr nesta reunión.
24.3.07
Caixa Galicia merca espazos protexidos
Caixa Galicia adiantouse e mercou aos anteriores propietarios esta simbólica illa para desenvolver un programa de actuacións que vai dende a creación dun laboratorio de investigación ata unha residencia para artistas e voluntarios científicos.
A intención da Xunta de Galicia en adquirir este arquipélago era desenvolver os planos de conservación dos hábitats naturais e especies, propios dos Parques Nacionais. A Xunta considera que sería a mellor forma de preservar estes hábitas fronte á posibilidade de permanecer en mans privadas.
Non parece ser esta a opinión do conselleiro de Medio Ambiente que afirma que Caixa Galicia pode ser un garante para a preservación da illa de Sálvora. Unha vez máis os representantes do poder público facendo defensa do sector privado en detrimento dos intereses da comunidade. Outro antecedente, cercano, foi o do Conselleiro de Industria que ofreceu á compañía Barreras a venda dos asteleiros da antiga Astano.
O feito de ser unha posesión privada conleva unha supeditación dos intereses públicos aos da Caixa, e un uso do territorio restrinxido incluso aos investigadores. Un goberno que presume de preservar o litoral como un ben de futuro, non pode permitir que unha entidade financieira se faga coa propiedade desta paraxe que forma parte do patrimonio paisaxístico de Galiza. Hai unha condescendencia cara a estas grandes corporacións que fai sospeitar que os poderes públicos están mediatizados polos grandes bancos, inmobiliarias e demais grupos de presión económicos.
Os cidadáns estamos no dereito a exixir unha política honesta de defensa do noso patrimonio, que neste caso pasa pola expropiación da illa de Sálvora, e pola exixencia de que a administarción non antepoña os intereses mercantilistas privados aos xustos intereses da comunidade.
Esta última exixencia debémola extrapolar ao caso do noso concello no que non faltan exemplos descarados de defensa por parte do goberno local de iniciativas como as de Einsa, Promociones Lagares y Álvarez, Construeme, Progasa 2000, etc, defensa aínda máis cuestionábel pola ilegalidade desas actuacións.
Preparando a mobilización
Os convocantes desta reunión invitan a todos os grupos ecoloxistas comprometidos na defensa do territorio e a todos os particulares que o desexen, a participar na preparación desta resposta cidadá.
14.3.07
Expropiacións

Volve sair á luz o tema da expropiación na praia de Ber. Como xa se comentou, o Ministerio de Medio Ambiente vai proceder á expropiación dun hotel e unha cafetería ubicadas na urbanización de Ber, unha copia a pequena escala das urbanizacións que proliferaron nos anos sesenta pola costa española. A noticia da que se fai eco El País di que:
11.3.07
Trastorno da personalidade
O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou onte o programa marco dos nacionalistas para as próximas eleccións municipais. Os cidadáns xa deberiamos estar afeitos ás palabras dos políticos en período electoral mais ás veces non podemos evitar o sobresalto.9.3.07
Os novos ricos, os promotores e as mulleres
Segundo a prestixiosa revista Forbes, adicada a estudar o mundo das finanzas e dos novos ricos, hai 20 multimillonarios españois entre os máis ricos do mundo, e 11 destes proveñen do mundo da construción, é dicir, da especulación pura e dura. A revista catalógaos como "os señores do ladrillo".Tampouco en Pontedeume son moi afortunados os que se adican á especulación urbanística. Xa comentamos nestas páxinas os resultados ridículos de diversos promotores e axentes urbanísticos. Nun caso, o promotor obtiña só un miserento 5 % das vendas realizadas; noutro, unha inmobiliaria chegaba a dar un resultado negativo nas súas transaccións comerciais.
Difícil o teñen estes eumeses se queren chegar a figurar na lista de Forbes
8.3.07
8 marzo
Dos 1.300 millóns de persoas que viven na pobreza absoluta máis do 70% son mulleres.
5.3.07
As ambigüidades de Agustín Vilariño
Se algo distingue aos políticos hoxe en día é a súa destreza para evitar respostas comprometidas, xa que non as preguntas. Dende este punto de vista, hai que recoñecer que A. Vilariño, candidato do PSOE á alcaldía de Pontedeume, despunta como un gran profesional. Para os letores non moi exixentes e con tendencia a deixarse seducir polas palabras ben pronunciadas, independentemente do seu contido, seguro que atoparán na entrevista que o xornal La Opinión lle fixo ao candidato socialista, unha exposición de fácil lectura. Outra cuestión é a de se se pode sacar algo en claro sobre as intencións de Vilariño.
"Falta seguridad jurídica. Los ayuntamientos parten de una situación de desamparo y provisionalidad, muchas veces no saben a qué atenerse y creen que lo que están haciendo es legal. Pero pueden encontrarse con, no hablo ya de casos de corrupción, sino actuaciones puntuales que pueden tener algún problema."
Esquece que ante a dubida o correcto sería facer caso das recomendacións dos informes xurídicos da Secretaria do Concello, funcionaria á que se lle paga por desenvolver un traballo cualificado e meritorio. Pero en Pontedeume a realidade non entende de razóns e tira polo camiño máis benevolente cos promotores da construción. O concello non pode crer que o está facendo ben cando unha profesional do dereito lle advirte da conculcación das leis nas licenzas concedidas.
E precisamente o non atender as argumentacións da Secretaria foi o que levou a A. Vilariño, xunto cos seus compàñeiros da comisión de goberno, a conceder licenzas en zona de protección costeira e en zonas rurais. A modo de exoneración, cita de novo a indefinición da lei de 1997, obviando que no 2000 un decreto que modificaba a lei estatal do solo, deixaba clara a ilicitude das construcións citadas.
E como habituado á certa autocomplacencia, engade que as casas eran para " particulares que hacen su casita acogiéndose a un sistema utilizado en todas partes y que la Xunta viene consintiendo." Tampouco isto é certo totalmente. A meirande parte desas casas foron levantadas para a sua comercialización e outras, que casualidade, eran dun coñecido construtor que parece gozar de certos privilexios para vulnerar a lei urbanística no noso concello. Por certo, por se non abondase co informe xurídico da secretaria, a Xunta emprazou ao Concello a paralizar as obras e revisar as licenzas concedidas. Non sabemos onde está a ambigüidade das leis; máis ben parece que os concelleiros estaban absortos polos beneficios que podían obter...para o concello.
Incapaz tamén de manter distancias con Agras, por se teñen que volver a botar man deste cacique fosilizado, atrévese a afirmar que a cooperación con este señor non foi do todo mala. Se o gobernar xustifica todo tipo de alianzas, difícil o temos os que queremos un goberno honrado e democrático. O voto a un partido que se di progresista pode desvirtuarse pola colaboración con quen representa o máis nefasto e suxo da administración local.
En suma, non parece que Vilariño pretenda facer unha autocrítica do pasado como terapia para prevenir os males do futuro. Ese chauvinismo que recoñece como cualidade do eumés, infecta tamén as valoracións que o candidato fai sobre o seu pasado político.












