Volve sair á luz o tema da expropiación na praia de Ber. Como xa se comentou, o Ministerio de Medio Ambiente vai proceder á expropiación dun hotel e unha cafetería ubicadas na urbanización de Ber, unha copia a pequena escala das urbanizacións que proliferaron nos anos sesenta pola costa española. A noticia da que se fai eco El País di que:
"En la playa de Ber, en Pontedeume, el Gobierno se hará con un hotel y con la cafetería Anduriña, por los que abonará 2,7 millones."
Pola contra, Fadesa expropiou aos propietarios de Perbes cunhas ridículas cifras das que xa demos conta aquí. Esta promotora inmobiliaria, agora adquirida por capital madrileño para desgracia dos partidarios do capitalismo galego, pagou arredor do millón de pesetas por ferrado expropiado, e logo vendeu ese mesmo ferrado por 11,5 millóns de pesetas. Non contentos con isto, algunhas das fincas expropiadas eran explotacións gandeiras que aseguraban o sustento económico dalgunha familia. Como esta que reclama o pago non satisfeito:
"Un vecino de Miño espera desde hace 2 años el pago de una expropiación."Tanta contradición non resulta doado entendela. Se o Estado considera tasar unhas propiedades por un valor xeneroso, por que non obriga aos axentes urbanizadores a recompensar tamén xenerosamente polas fincas expropiadas? Máxime se estes promotores son capaces de revender estes solares por un prezo que multiplica por 11 o pagado pola empresa.