29.5.07

Unha lectura


Moitas veces as conclusións que se deducen dos resultados electorais están moi deformadas pola visión interesada dos políticos que participaron na contienda. Tentan xustificar un fracaso ou unha victoria na procura dun rédito político, e a argumentación pode ser falsa.
O descenso de votantes do PSdG e BNG é real. Entre ambos perderon 452 votos. Unha cifra nada desdeñábel. Curiosamente este ano aumentou a abstención e o número de votos en branco. A variación con relación ao 2003 supón 350 votantes máis que decidiron absterse ou votar en branco. Esta cifra pode atribuirse case completamente a votos de socialistas e nacionalistas, e aínda quedarían "perdidos" outros 100 votos para completar o déficit de 452 votos que sumaron entre os dous grupos. O destino destes votos podemos intuilo se pensamos que o PP e o COE só gañaron 134 votos.
Temos polo tanto unha parte considerábel de votantes de esquerdas que deciden retirar o seu apoio a PSdG+BNG, e unha parte máis pequena que trasvasa o voto ás formacións de dereitas.
E isto é así porque non cabe dúbida que o voto en branco corresponde a un electorado de esquerdas decontento co labor desenvolvido polo goberno sainte.
As causas dese abandono electoral poden ser varias pero indudablemente o descontento social producido polas obras que, amais de deteriorar a paisaxe eumesa, deixaron entrever unha política de corrupción ao servizo dos promotores inmobiliarios é a causa principal que explicaría este revés electoral. Non é doado dixerir que un goberno de esquerdas, ou que se proclama así, poida incurrir en semellante grao de perversión democrática: corrupción, escurantismo, favoritismo, prevaricación e mentiras. O dano que estes politicastros fan á idea de progresismo é inconmensurábel. O 6 de maio moitos eumeses estabamos en Compostela defendendo o noso territorio; o 27 de maio demostramos aos ineptos que non estamos dispostos a transixir nesta defensa.
Os cidadáns non imos aceptar a chantaxe dos que fan súa a máxima: "o comigo ou o caos". Eles trouxeron o caos e deben asumir as responsabilidades. Algúns foron "invitados" a marcharse; outros insisten en seguir. Exiximos ter a opción de poder votar a opcións progresistas, e para iso os partidos políticos deben proceder a unha depuración dos que confunden o servizo á colectividade co aproveitamento persoal.

13 comentarios:

allegue dijo...

AMÉN, penso exactamente o mesmo, e preciso unha onda renovación na beira esquerda da política eumesa para que moitos sintamos que temos representación política.

Allegue dijo...

é máis, se esto segue así con determinados personaxes á fronte do bng e do psoe, creo que habería que poñerse de acordo e artellar unha formación progresista e seria que viñese a representar a centos de veciños de Pontedeume que, sendo de esquerdas, non atopan a súa debida representación política.
Debemos de darlle tempo ao tempo, e se esto segue así, contade conmigo para axudar no que faga falla, por Pontedeume e por Galiza.

Anónimo dijo...

Claro, a mellor solución é non votar, así agora imos estra representados por unha pandilla de puteros e skinheads do futbol como sempre foron os do COE...

Allegue dijo...

a responsabilidade non é dos votantes, ¿ou iamos votar por descarte ou disciplina de partido?
a responsabilidade é de quen non soubo, tras anos de goberno, de prantexar unha alternativa viábel a "ese grupo de puteros e skinheads" como dis ti.
e nunha cousa douche a razón, perder unhas eleccións contra esta xente...manda carallo!

Anónimo dijo...

Hola a tod@s!! Somos un grupo de persoas de Pontedeume con ideoloxía de esquerdas, que buscamos outra xente con ideas parecidas que teña gañas de traballar pra este pobo tan mal aproveitado durante moitos anos. Se eres xoven e tes ganas de traballar por Pontedeume (temos 4 anos por diante), e ir preparando unha corrente de opinión para no futuro formar un partido político, manda un correo a esquerdaeumesa@yahoo.es cos teus datos, inquietudes e forma de contacto. Faremos unha xuntanza en breve pra darlle forma ás ganas de cambio que hai nesta vila (ganas de cambio, pero non hacia a dereita). Un saúdo e noraboa ós gañadores das pasadas eleccións, Bel e Fernando.

manuel dijo...

Súmome ás opinións de Allegue. A rabia é nosa por non atopar en ningunha destas formacións un mínimo de confianza para poder decantarse por eles (o meu voto ten certo valor, ou iso penso). É máis, ámbolosdous queimaron as súas pontes. Desde o primeiro momento que Fusquenlla comezou as súas denuncias o ataque contra o colectivo foi brutal e inxusto. Chegaron incluso a acusarnos de representar ocultos intereses e en todo momento non quixeron prestar oído a unhas críticas lexítimas. Desde o PSOE as consignas foron semellantes.

Anónimo dijo...

Pois si iso é o que quere a xente... pareceme ben, o que pasa é, que o que é certo, é, son así, enganarían a algúns que se deixaron enganar... Parte de culpa está claro que foi pola pouca dedicación que tuveron os anteriores ocupantes don sillóns do concello, pero os anteriores 18 anos loitaron polo noso pobo. A mala sorte foron os primeiros 18 anos de poucas ganas de mandar cartos ós concellos non "fraguistas". Agora era a oportunidade, estando Touriño na Xunta e Zapatero en Madrid, pero, a xente prefire a istos individuos. O tempo daráme a razón. Por certo, ainda recordo ó número dous do COE en Madrid, cando arrancou unha sombrilla dunha mesa dunha terraza e andivo con ela facendo o que mellor sabe facer, o skinhead. Era a final da copa do rei do Deportivo. Unha aperta a todos.

Anónimo dijo...

Se realista e quita a venda dos ollos "18 anos loitando polo noso pobo..." seran 18 dias, e "polo noso pobo..."sera polos seus bens e intereses particulares e os de algun amigo.
Para "individuos" os que nos gobernaron nestes ultimos anos e "oportunidades" as que tiveron e desperdiciaron eles coa sua politica na que todo vale e tonto o último.
Son votante de esquerdas no resto das eleccións pero nestas votei as persoas non a un partido. Que unhas persoas se declaren de esquerdas non quere decir que teñan do seu lado a honradez a verdade e o traballo e non quere decir que fagan o que fagan sempre sexa o correcto(O exemplo o tivemos en Pontedeume moitos anos)
Non sei como seran os que veñen igual de malos , pasivos,...pode; pero peores imposibel.

Anónimo dijo...

O tempo o dirá

Anónimo dijo...

Pois si, o mesmo que dixo quenes eran e qué fixeron os outros, o tempo dirá o que farán estes novos.
Do que non hai dúbida é que os outros despois destes anos, xa están catalogados.

Anónimo dijo...

Catalogados por algunos bien, y por otros mal, los votantes lo dijeron: Castigo a los Bloqueros, el resto permanecieron igual.

Anónimo dijo...

Suxa mentira, o resto non quedou igual, o PSOE perdeu 240 votos e Chacho 104, eso non é quedar igual, presentandose Vilariño como a gran alternativa. Tururu.Vilariño fracasou totalmente, non foi capaz de atraer o voto da ezquerda. Renovación total xa!.

Anónimo dijo...

Lo q importa son los concejales, campeón...