21.5.07

O ladrillo das eleccións


Fartura. Iso é o que temos os cidadáns en determinadas épocas. Durante as eleccións acabamos con indixestións e mal alimentados. As mensaxes dos candidatros non satisfán as nosas necesidades. Son moitas as preguntas que nos facemos e trasladamos aos políticos, preguntas sobre problemas acuciantes que existen en Pontedeume. E as respostas, ou non existen ou son vagas. O urbanismo é o maior problema ao que nos enfrontamos porque del vai depender o futuro do noso concello. Porén os partidos políticos o sortean como unha enfermidade contaxiosa da que se queren afastar.
Algúns, como o PSdG, aprópianse con descaro dos lemas que o movemento "Galiza non se vende" lanzou o 6 de maio en Compostela. Falan dunha nova cultura do territorio e baleiran esta proposta do seu contido sen concretar cal é esa cultura que pregonan. Dende logo a que eles mesmos practicaron en Pontedeume está nas antípodas da que os colectivos cidadáns e ecoloxistas defenderon na mobilizacion do día 6.
Outros, como o BNG, sen arrepentirse do feito ao longo dos últimos catro anos en materia urbanísica (período gris de Pontedeume), defenestran ao seu concelleiro de urbanismo facéndoo aparecer como único responsábel do desaguisado. Se por tránsfuga entendemos o que desobedece a liña política do partido dándose á fuga (algún día saberemos cal foi o camiño que tomou) hai que aceptar que o concelleiro de urbanismo o é. Pero a desautorización que o BNG fai de Regueiro non é máis que unha operación estética que non convence a ninguén porque os mesmos representantes do BNG aprobaron ao unísono un proxecto para construir máis de 200 chalés na costa de Boebre. E fixérono sixilosamente e sen recoñecelo.
Do PP, COE, IEP e TG non caben esperar nada mellor. Algúns decántanse claramente polo urbanismo máis agresivo: portos exteriores, aparcamentos subterráneos, etc.; outros non se manifestan porque non saben ou porque chocarían co sentir dos votantes.
En calquera caso o urbanismo é o gran ausente dos programas electorais dos partidos. Non só non dan estratexias para o futuro senón que non ofrecen solucións aos problemas presentes.Ninguén se manifesta sobre as máis de 200 vivendas con orde de paralización que hai en Pontedeume. Ninguén aclara que vai pasar co PXOM e como compaxinar ese desmedido crecemento urbanístico cun crecemento sostíbel da vila e parroquias. Ninguén se manifesta contra as urbanizacións que fortificarán toda o litoral eumés.
Cuestións tan complexas que só admiten dúas posicións: a defensa dos intereses da comunidade ou a salvagarda dos beneficios dos predadores do territorio. O silencio cómplice dos partidos políticos é unha afronta á dignidade dos eumeses, un desprezo ás súas inquedanzas e unha burla á súa vontade de vivir nun hábitat máis humano.
E como non queremos que se faga máis do mesmo, polo menos no noso nome, debemos manifestar o noso repudio cun voto en branco. Un voto sinónimo de transparencia e de limpeza.

9 comentarios:

anxocaído dijo...

Pero, se votamos branco non haberá por ahí algún socialista que o reclame en nome de Pepiño?

croio dijo...

O voto en branco sería útil no caso de que quedasen tantos escanos de concelleiros baleiros como correspondan á proporción de votos en branco emitidos.
Así alomenos eses escanos libres, serían concelleiros que non farían nada pero non nos costarían cartos ós contribuintes.
O voto en branco, tenta dicir: "tanto me ten, saia quen saia".
O voto do cabreo é o voto nulo: onde podes expresar pola tua propia man os motivos da túa decisión, ainda que non sirva de nada ...así te desfogas.

Anónimo dijo...

Agora si que si, agora vades ver o que o bon para o noso pobo, pp + coe... si os de antes eran fascistas, non sei como lle chamaredes a estos, pp = manuel fraga = franquista, coe = pobres diablos rencorosos e con falta de algunha primaveira. Moita suerte nestes "4" anos que quedan de dictadura...

Anónimo dijo...

los panfletos del COE están hechos con los pies, pero no está mal un cambio de caras y de caciques. Lo van a hacer igual de mal, pero al menos no veremos a los de siempre haciendo lo de siempre y chuleando de ello.

Anónimo dijo...

Si, vereis a otras caras chuleandose de nada, los de antes por lo menos hacían algo.

Anónimo dijo...

So pensar en que o BNG chegase de novo aos 3 concellais e volta ao indignante chantaxe de Chacho pon a un enfermo, por non pensar na maneira que terian de crecerse Rei ou Salorio despois de facelo tan rematadamente mal. Si tanto saben que traballen agora dende a oposición.

Anónimo dijo...

Lo normal es que el estar en el poder te ayude a ganar elecciones, porque la propia dinámica económica de los hace creer que el ayuntamiento es responsable de eso. Pero belarmino estuvo 20 años y nunca ganó unas elecciones, muy mal, muy poco democrático. ¿Hacer?, tampoco creo que sea tan difícil ser alcalde o "concejal de", lo único que pedimos es dedicación y buena voluntad, ir a servir y no a servirse, que diría Supergarcía. En ese sentido hay que estar al tanto del sueldo del futuro teniente-alcalde del COE, que en buena lógica debería bajárselo.

Anónimo dijo...

Si te pone enfermo la democracia vete al médico, por que entonces si que realmente tendrías que curarte.

Anónimo dijo...

Eso, que alguien se encargue de vigilar de cerca esos sueldos de los de COE, y bueno, los del PP no necesita ni comentarse...