
No mes de febreiro neste blog publicábase unha reflexión sobre a orixe non aclarada dos pagos do PP galego a Bárcenas (tamén publicada no xornal El País). Era Galiza, xunto con Málaga, os únicos lugares nos que non figuraban os nomes dos donantes do partido popular.
Antonte declarou ante o xuíz o antigo secretario de organización do PP galego, Pablo Crespo. Este recoñeceu os pagos efectuados a Bárcenas pero a preguntas do xuíz sobre a orixe dos cartos, Crespo negouse a contestar.