Sanidade fixo públicas as análises realizadas nas praias de Ber e Centroña. A recomendación da consellaría é ben clara: mellor non bañarse. As mostras foron recollidas no mes de maio pero cabe esperar que durante o verán os niveis dos parámetros microbiolóxicos superen aos actuais.
Cal é a solución dada polo goberno municipal? Como sempre, adoita lanzar a máis estrafalarias ocorrencias. Neste caso a creación dunha nova depuradora en Ber. É dicir, como a da Macuca non funciona, mellor crear outra nova para dar servizo aos habitantes do lugar. Cando o necesario é volver a facer operativa a EDAR existente, o consistorio opta por gastar o que non ten e ocupar máis terreos do litoral. Menos mal que sabemos que non é máis que palabrería á que nos teñen acostumados.
Tendo en conta que Pontedeume ten no turismo unha fonte real de ingresos, non se entende a nula atención que o Concello lle presta á recuperación das praias. Ano tras ano a situación do noso concello vai deteriorándose paulatinamente. O patrimonio eumés (casco histórico, cultura, paisaxe e medio ambiente) vai mermando co paso do tempo mentres a clase política fai gala da súa ignoracia e á cidadanía parece complacente.