Se atendemnos ao significado da palabra caciquismo, intromisión abusiva dunha persoa ou unha autoridade en determinados asuntos, non cabe dúbida que en Pontedeume temos un exemplo claro de prácticas caciquís á marxe da legalidade. O pasado venres día 21 cando aínda non rematara o curso escolar e despois de que a ANPA e Claustro de profesores fixeran pública a súa oposición ao uso do campo de deportes como aparcadoiro municipal, o alcalde de Pontedeume, Sr. Torrente, ocupou sen permiso da dirección do centro e sen comunicarllo a esta o campo escolar de deportes. Era a resposta bruta de quen se considera o señor da vila e corte.
Algo inaudito neste concello tan acostumado aos comportamentos caciquís dende tempos que algúns considerabamoa xa pasados. A ocupación de terreos públicos que non son titularidade do Concello debe ser considerada unha acción delictiva e merecedora de investigación xudicial. O alcalde eumés debe aprender que as súas prerrogativas están limitadas pola lexislación en vigor e que esta non data dos tempos do franquismo.
O equipo directivo do instituto ten a obriga de denunciar ante os responsabeis da Consellaría de educación este caciquismo do Sr. Torrente sen menoscabo dunha posíbel querella xudicial