Permítome unha pequena reflexión a propósito do caso Bárcenas. Centrareina na orixe do diñeiro que servíu para financiar presuntamente ao partido popular e aos seus cargos públicos. Como é sabido toda a procedencia do diñeiro que figuras nos papeis do tesoureiro do PP ten unha orixe perfectamente recoñecíbel, case toda de diversas empresas e empresarios que figuran con nome e apelidos. Salvo dous casos: Galicia e Málaga.
Galicia aportou ás contas do partido, segundo os papeis publicados polo País, a cantidade de 19 millóns de pesetas. Sería interesante que se investigase a procedencia deste diñeiro. En Galicia non hai un tecido empresarial das características do que suministrou cantidades millonarias aos populares. Ademais os últimos casos de corrupción política en Galicia están manchados pola sombra do narcotráfico. Dorribo, o expoñente máis claro de axente corruptor, estaba relacionado con presuntos narcotraficantes. E non é o único caso do que se sospeita que o narcotráfico corrompeu os estamentos da administración.
Por propio interese do partido popular deberiase aclarar coa maior transparencia e celeridade a orixe desas aportacións e desbotar así a sospeita dunha financiación que amais de fraudulenta sería gravemente delictiva.