Unha morte máis. Unha muesca máis nas cananas dos delincuentes da banca.
Informa el diario.es: Un activista de Stop Desahucios suicidouse esta mañá en Córdoba. Segundo informaron fontes da plataforma, o home, que responde ás iniciais F.J.L.B., arroxouse ao baleiro desde unha cuarta planta dun edificio na rúa Cartago, onde vivía.
Obreiro da construción, tiña 36 anos, estaba casado e tiña unha filla. O suceso ocorreu sobre as 10.00 horas da mañá.
Un portavoz de Stop Desahucios apuntou que o seu compañeiro pedira varios préstamos a distintas entidades para construírse unha casa en Villafranca -aínda non transcenderon os nomes dos bancos-. Ao pouco tempo foi incapaz de continuar pagando as letras e foi embargado.
Mentres tanto, tratou de renegociar os préstamos usando a casa dos seus pais como aval. O que desahuciaran aos seus progenitores era un dos seus maiores temores. Ao final, optou por dar a súa casa ao banco en pago das súas débedas pero a entidade seguía reclamándolle 25.000 euros, informan as mesmas fontes.
O home xa intentara suicidarse en 2011, cravándose un coitelo no pescozo fronte a unha oficina bancaria. Foi tras recuperarse das súas feridas cando entrou en contacto con Stop Desahucios. Coa súa axuda, afirmou un portavoz, logrouse tramitar a axuda dunha vivenda e conseguiu renovar a paga social de 426 euros que xa se lle acabou