Algúns dos casos máis escandalosos das arbitrariedades urbanísticas que se cometeron en Pontedeume xa teñen sentenza condenatoria. Trátase dos chalés construídos en Nogueirosa en terreos de protección costeira. Porén os círculos políticos do concello deciden calar a boca e ocultar á cidadanía os pormenores dunhas sentenzas que van repercutir sobre as arcas do concello.
Oito vivendas construídas a sabendas da súa ilegalidade están condenadas á demolición. O Concello de Pontedeume -o mesmo que dicir todos nós- deberá pagar aos propietarios unhas cantidades que varían entre os 300.00 e os 600.000 euros segundo o tipo de vivenda. Arredor de 4 millóns de euros que sairán dos impostos pagados polos eumeses que viven dentro da legalidade.
Pero non é esta a única lectura escandalosa deste asunto propio dunha corporación caciquil e corrupta. Os asinantes das licenzas coñecían a ilexitimidade da súa acción xa que o informe da secretaria municipal advertía que os proxectos vulneraban a lei de costas. Pois ben, a xustiza amósase indulxente e só condena a algúns dos participantes á inhabilitación nos cargos públicos durante 7 anos. Pena mínima para delito máximo e do cal dedúcese que as infraccións urbanísticas son un negocio para uns poucos e unha carga para os cidadáns