O pasado 4 de agosto o goberno local de Pontedeume anunciaba que o Concello dispón "por fin" de todos os informes sectoriais,
documentación que considera imprescindible para iniciar a revisión das
591 reclamacións que os veciños da vila presentaron ao documento
urbanístico, aprobado de forma inicial a finais de 2009.
Mais onte Gabriel Torrente contradicíase ao asegurar que estamos á espera do informe do Plan de Ordenación do Litoral. E todo a conta dun proxecto para construír unha nova gardería. Asumindo que o plan xeral non vai estar listo durante o vindeiro ano, o goberno local solicitou á Xunta unha modificación das Normas Subsidiarias para poder construír a gardería. Agardemos que por coherencia o goberno galego desestime esta pretensión absurda e esixa a Torrente aprobar dunha vez por todas o plan xeral.
Co tema do PXOM os partidos políticos eumeses parecen cachondearse con alevosía da cidadanía de Pontedeume. Nove anos leva a empresa Consultora Galega tramitando o plan de urbanismo do noso concello sen que albisquemos unha saída a este despropósito municipal. Desleixo, incopetencia e corrupción son as claves para entender os problemas de Pontedeume. Iso si, o goberno local permanece indolente ante a indignación cidadá. Bástalle saber que os especuladores están a frotarse as mans.