Despois dos despedimentos de traballadores, da escasa carga de traballo que a empresa recoñece, das múltiples e millonarias subvencións conseguidas ao longo destes últimos anos sen que se traduciran en maior seguridade para os traballadores, dos intentos de recualificación duns terreos que xa non eran útiles para a actividade industrial, resulta que agora a Xunta de Galiza concederá
dous novos créditos á empresa de artes gráficas Einsa, instalada nas
Pontes e en Andrade (Pontedeume), por valor de oito millóns de euros,
para favorecer os traballos de internacionalización e innovación dunha
compañía que parece ter no erario público o mellor sistema de supervivencia.
Unha vez máis o estado non escatima medios para socorrrer aos empresarios en apuros. E non se pode dicir que sexa para preservar os postos de traballo destas empresas. Aínda que teñamos que achantar con estas prácticas xa escandalosas, polo menos non esquezamos que os fondos públicos proveñen dos nosos impostos.