9.12.06

Campos de golf...os


Os campos de golf son un reclamo poderoso para os compradores de vivendas en urbanizacións como a de Costa Anácara en Perbes. A xestión deste campo foi adxudicada por Fadesa á empresa AYMERICH GOLF, experta en este tipo de actividades. Suponse que o pago que esta empresa satisfará a Fadesa non debe ser "pecata minuta" a tenor das cuotas que os socios deben pagar pola práctica de dito deporte. A cuota de entrada será de 8000 euros e logo abonarán unha cuota anual de 600 euros.
Segundo esta mesma empresa,
a industria do golf en España xenera 2.375 millóns de euros ao ano.
Non creo que ninguén se atreva a afirmarr que un incremento do chan urbanizábel supón un abaratamento dos prezos das vivendas. As estatísticas son moi claras ao respecto e desautorizan a Rajoy cando propoñía hai uns días unha maior liberalización do chan. Pero se o prezo xa fai imposíbel a adquisición dunha vivenda para a maior parte da poboación, sobre todo para os xoves, o que si está claro é que as grandes urbanizacións que se proxectan hoxe en día son para un determinado estamento social moi alonxado da media nacional. Que uns concellos que deberían velar polo dereito dos cidadáns a unha vivenda digna, dereito recoñecido na Constitución, se posicionen a favor dos promotores que ateigan o territorio de campos de gol privados e elitistas, é o maior fracaso da democracia neste país.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que tes un pequeno erro cando dis: "o que si está claro é que as grandes urbanizacións que se proxectan hoxe en día son para un determinado estamento social moi alonxado da media nacional", penso que as urbanizacions son para ilusos que pretenden alonxarse da media nacional, neso basase o negocio, en vender un suposto HIGH CLASS ao que a xente esta disposta a empeñarse hasta as orellas de por vida só para pretender aparentar estar por enriba da media. Na de na, non vas encontrar a Botín nin as Coplovich nesa urbanizacion, só curritos de Madrid de 8h a 22h. En canto ao do golf xa che direi como vai ir cando empecen a caer as pelotas na autopista.....

Anónimo dijo...

Efectivamente, muchos vendrán de Madrid a la urbanización a pasar el verano y las vacaciones. Pero luego estamos muchos que escogemos Miño como lugar de residencia porque nuestros trabajos así lo exigen. Y entre pagar 30 millones por un piso pequeño en el "centro" de Miño, a pagar 40 por un chalet, yo prefiero el chalet.

De High Class en Costa Anácara, nada de nada. Curritos, como todo el mundo.

Y del golf... yo paso :-)
Eso se lo dejamos a los jefazos. Los curritos no tenemos tiempo para esas cosas.