En febreiro deste ano anunciouse por parte da Deputación un programa de axudas cuxa finalidade era apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de praias marítimas durante a tempada de verán por un prazo máximo de 3 meses comprendidos entre o 15 de maio e o 15 de outubro do 2014
Como resultado desta convocatoria subvencionouse ao concello de Pontedeume coa cantidade de 23.874,12€.
Esta cantidade podería ser resolver dous problemas á vez. Por unha banda manter limpas as praias de Pontedeume, e pola outra dar traballo a un equipo de parados que durante tres meses de verán aliviarían a súa penosa vida laboral.
Nada disto sucedeu. As praias Pontedeume seguen sendo un foco de suciedade que os veciños denuncian diariamente. E de vez en cando, moi de tarde en tarde, unha empresa privada fai o paripé de limpar durante dúas horas algunha destas praias, como sucedeu hoxe mesmo.
A contratación dun servizo como este sen as debidas garantías de execución é un exemplo máis da corrupción que aniña no noso concello. Repítense ata a saciedade os casos de privatización de servizos a cambio de dádivas empresariais. Á actual corporación é máis sensíbel a outorgar contratos a empresas privadas por uns servizos deficientes, que a paliar a tráxica situación dos parados e das súas familias.
23.000 euros dá para contratar 8 traballadores durante tres meses a xornada case completa. Con 23.000 euros teriamos as praias máis limpas e os visitantes máis agradecidos. Pero eses 23.000 euros teñen un destino que a Deputación e o Tribunal de Contas deberían investigar por pura hixiene democrática.