O ministro de educación está firmemente convencido que as clases sociais deben ser impermeabeis, aínda que logo digan que ese é un concepto trasnoitado propio de comunistas. O seu partido nunca levou ben que os fillos das clases traballadoras tivesen acceso á universidade. Desexaban que esta institución fose un territorio exclusivo das élites económicas, que non intelectuais. Sabemos que a intelixencia e o poder económico non gardan relación entre si. Un minucioso traballo ao longo destes anos xa está dando os seus froitos. Cada vez máis o acceso aos estudos superiores convértense unha carreira de obstáculos para as clases más desfavorecidas economicamernte. A semellanza co ditador Mussolini é algo máis que física.
29 de xul. de 2014
Un vástago de Mussolini

23 de xul. de 2014
Exceso de testosterona
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña ditou sentenza no caso do traslado dos praceiros de Pontedeume ao mercado provisional polas obras do emprazamento orixinal.
O fallo xudicial dá a razón aos afectados que reclamaron, ao sinalar que o procedemento de traslado foi nulo e non se observaron as garantías mínimas, causando indefensión.
20 de xul. de 2014
Comunicado lido na concentración a favor do pobo palestino
Ante situacións como a que vive o pobo palestino estes días en Gaza só cabe a denuncia contra o estado xudeo, un estado que ampara o terrorismo de estado baixo o disfraz de accións militares. Mais non se trata dunha guerra convencional, é un xenocidio, unha limpeza étnica practicada contra a poboación civil palestina. Os chamados danos colaterais non son máis que nenos e nenas palestinas que sucumben ás mortíferas armas de guerra do exército israelita. Para xustificar estas accións criminais o terrorismo de estado fabrica terroristas sembrando odio e argallando coartadas. Así o explica acertadamente o escritor Eduado Galeano.
Hai unha desigualdade manifesta entre as partes deste conflito. Ao lanzamento dunha pedra respóndese co lanzamento dun misil; a unha comunidade privada do máis elemental oponse outra que se nutre dos bens da primeira; á demolición das vivendas palestinas séguenlle novos asentamentos dos colonos radicais. E como isto non abonda para anular á poboación palestina, recórrese entón á aniquilación física.
Europa e Estados Unidos estanse a converter nuns aliados interesados do estado xudeo coa excusa de que é o garante duns valores democráticos e occidentais nunha rexión que se lles antolla conflitiva. Mais a verdade é que ese estado nunca acata as sentenzas dos tribunais internacionais nen as resolucións da ONU, practicando a tortura dun xeito sistemático.
Nós, os que contemplamos con horror as matanzas de inocentes, non nos sentimos representados por uns gobernos que miran para outro lado cando a barbarie é cometida polos seus amigos israelitas. Estes gobernos, que actúan contundentemente contra a sociedade civil impoñendo multas e penas de prisión aos cidadáns que se opoñen ás súas políticas económicas, son condescendentes cos asasinatos de civís a mans dos militares xudeos.
Consideramos que a violencia nunca é xustificábel e menos cando se exerce indiscriminadamente sobre os máis indefensos. En só uns días de operacións militares xa morreron máis de 200 persoas, esta noite 70 mortos, na súa maioría mulleres e crianzas. Ningunha acción militar pode xustificar este triste balance que demostra que tras estas accións agóchase unha política de exterminio do pobo palestino. Nunca entenderemos por que unha sociedade como a israelita permite que o estado sionista leve á práctica os métodos que antaño foron aplicados aos seus pais e avós e exterminaron a 6 millóns de xudeos. Nunca entenderemos como a comunidade internacional que se opuxo coas armas na man ao exterminio xudeo, se amose indiferente ante o xenocidio palestino.
O pobo de Pontedeume quere manifestar a súa solidariedade cos palestinos de Gaza e esixir a inmediata paralización das accións militares que, polos danos ocasionados, son equiparabeis ao terrorismo de estado.
18 de xul. de 2014
Concentración en apoio ao pobo palestino
Anova, Asemblea Aberta Eumesa, BNG, Colectivo Terra e PSdG-PSOE
Mañá, sábado 19 de xullo ás 13 horas na Praza Real, realizarase unha concentración a favor do pobo palestino que estes días está sufrir unha vez máis as terribeis consecuencias dunha agresión militar sen precedentes por parte do estado xudeo. Consideramos que a violencia nunca é xustificábel e menos cando se exerce indiscriminadamente sobre os máis indefensos. En só uns días de operacións militares xa morreron máis de 200 persoas, na súa maioría mulleres e crianzas. Ningunha acción militar pode xustificar este triste balance que demostra que tras estas accións agóchase unha política de extermino do pobo palestino.
Europa e Estados Unidos estanse a converter nuns aliados interesados do estado xudeo coa excusa de que é o garante duns valores democráticos e occidentais nunha rexión que se lles antolla conflitiva. Mais a verdade é que ese estado nunca acata as sentenzas dos tribunais internacionais nen as resolucións da ONU, practicando a tortura dun xeito sistemático. O pobo de Pontedeume quere manifestar a súa solidariedade cos palestinos de Gaza e esixir a inmediata paralización das accións militares que, polos danos ocasionados, equipáranse a accións terroristas de estado.
10 de xul. de 2014
Argumentarios para non instruídos
Recentemente un parlamentario do PP admitíu que cada día os cargos do partido reciben un argumentario a modo de deberes diarios. Nese documento intrúeselles nos temas máis espiñentos do día para que aprendan os argumentos que deben soltar nas súas intervencións públicas.
Como seres incapaces de razoar necesitan das directrices que os órganos superiores (non se sabe onde están) elaboran para convencer á opinión pública. Non se trata tanto de evitar disidencias como de dotalos de argumentos ante a falta de discernimento amosado polos mandatarios. En fin, unha panda de mandados como dios manda.
O que resulta evidente é que este método non está arraigado en institucións de menor categoría, léase, concellos. A nivel local o problema é máis grave. Os correos non funcionarian porque moitos destes representantes locais, como concelleiros e alcaldes, non serían capaces de entender as mensaxes. O seu papel limítase a levantar as mans nos plenos cando o xefe así o indica. Aquí xa non se poden considerar mandados, son borregos (*) e como tales actúan. O seu nivel de ignorancia inpídelles ter a vergoña necesaria para dimitir.
(*)= sen personalidade R.A.L.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)