No ano 2001 a Consellaría de Educación denegou o uso do campo de deportes do IES Fraga do Eume como aparcadoiro público. Cal foi a razón? Antes de tomar unha decisión como esa, as autoridades educativas pediron un informe aos servizos xurídicos da Xunta e este foi negativo. Informe, por outra banda, que avala a opinión da comunidade educativa formada por pais, nais, alumnos e profesores de que esta concesión é ilegal.
Como se explica entón que a mesma Consellaría no ano 2013 decida ceder o campo ao Concello de forma permanente? A explicación é moi clara: nesta ocasión non se pedíu ningún informe aos servizos xurídicos. A decisión foi tomada arbitraria e alegremente polos responsabeis do organismo autonómico. E súa será a responsabilidade se os tribunais deciden dar a razón á ANPA e claustro de profesores.
Por certo, xusto é recoñecer a digna actuación de pais e profesores que saen en defensa do ensino público, un exemplo que debe estenderse nestes tempos de menoscabo dos dereitos cidadáns.