Os desaugadoiros que verten á ría ao longo do paseo marítimo non son de augas pluviais como moitas veces se dixo desde o goberno local. Unha máis das súas mentiras que tentan enmascarar unha crúa realidade. A da continua contaminación da nosa ría que día tras día recibe metros cúbicos de augas fecais e residuos das numerosas vivendas do concello de Pontedeume.
A proba máis palpábel, para os incrédulos, foi a vertedura de leite do pasado mes de febreiro que proviña da residencia de anciáns, pero outras menos vistosas e máis contaminantes prodúcense todos os días. A foto que se acompaña foi tomada esta semana.
E se as verteduras seguen, tamén seguen a pasar aos veciños as taxas por depuración. Porque este é un país de fraudes, mentiras e impunidade.