É o que dí o alcalde de Cesuras do Partido Popular. Foi o promotor (que estraña sedución exerce o negocio inmobiliario sobre os alcaldes?) do edificio levantado na antiga casa de D. Pablo. Obxecto de varias denuncias a licenza concedida nunca se axustou á legalidade. A pesar diso o goberno local de Pontedeume ( alcalde do PSOE e concelleiro de urbanismo do BNG) non tivo reparos en permitirlle aos promotores seguer coas obras. Como tampouco os tivo o actual goberno do PP.
E é que xa se sabe. O urbanismo fixo posíbel a unidade de acción de ideoloxías tan dispares, en apariencia, como socialistas, populares ou nacionalistas.
O xornal La Opinión recolle unhas estrafalarias declaracións de Julián Lucas Ramírez, alcade cesurano.
O rexedor cesurano cesa dos seus cargos na promotora da casa de don Pablo, en Pontedeume, que acabou nos tribunais - "Eu non levaba ese tema, só pasei unha vez por aí", sostén
O alcalde de Cesuras, Julián Lucas Ramírez, cesou no principio do ano dos seus cargos como administrador mancomunado e apoderado solidario na promotora Progasa 2000, da que formaba parte desde 2006. Esta empresa promovió, entre outras construcións, a polémica casa de don Pablo, en Pontedeume, para a que obtivo licenza en 2004 e que foi obxecto de varios proxectos de legalización por exceso de alturas e outras deficiencias. Polo menos un destes proxectos foi anulado pola Xustiza.
Julián Lucas admite que este edificio de Doutor Villanueva provocoulle máis dun quebradizo de cabeza á promotora. As obras foron paralizadas ata en dúas ocasións por exceder o volume máximo permitido. A empresa presentou ata tres modificados e solicitou unha licenza de legalización que foi anulada pola Xustiza. Durante o proceso, Progasa 2000 executou varios obras para acatar a normativa urbanística, entre elas, a supresión de dúas plantas. O alcalde cesurano recorda con desgusto a polémica que rodeou este edificio, obxecto de reiteradas queixas do colectivo Fusquenlla. "Eu non levaba ese tema, encargábase o meu socio, só recordo pasar unha vez por aí", explicou ao ser consultado. O regidor recorda que Progasa 2000 tivo que executar diversas reformas para axustarse á licenza e, asegura, que a día de hoxe os problemas xa están liquidados. A súa actividade na promotora, mantén, era moi limitada e asegura que non lle quedaron ganas de repetir na construción. "A verdade é que non sei por que entrei, pedíronmo e accedín, pero apenas levei nada", sostén e recalca que a empresa nunca traballou en Cesuras.