
Á espera dunha próxima reunión dos alumnos do centro, pódese afirmar que a comunidade educativa do IES Fraga do Eume rexeita rotundamente privar ao centro escolar dunha das súas instalacións para convertila nun aparcadoiro durante todo o ano.
A referida instalación é un campo de deportes que os alumnos usan a diario, ben como lugar de ocio nos recreos, ben como lugar de actividades deportivas dentro do seu proceso de formación. Esta afirmación contradí os argumentos da alcaldía que asegura, intencionadamente, que o espazo é infrautilizado. O Claustro de profesores lamenta que a boa disposición e colaboración que o centro amosou sempre co Concello se vise recompensada co desprezo e ninguneo que o goberno local mantivo neste proceso. En ningunha ocasión pedíuse a opinión da comunidade educativa sobre o uso do campo deportivo.
A ANPA considera necesario a procura de alternativas á falta de aparcadoiros na vila eumesa pero rexeita a solución dada polo Concello. Tamén esperan chegar a acordos cos alumnos para tomar medidas contra a decisión municipal.
Tanto o Claustro como a ANPA enviaron sendos escritos á Consellaría de Educación e ao xefe territorial da mesma na Coruña amosando o seu rexeitamento á cesión do campo de deportes
r