Nestas mesmas páxinas dábase conta dos acordos de Ence coas asociacións madereiras para mercar eucalipto con destino ás sús fábricas de celulosa. Esta iniciativa da maior empresa pasteira non é un acto illado senón que obedece a unha política que ten como obxectivo converter Galiza nunha enorme plantación de eucaliptos. E Pontedeume non vai quedar á marxe. Sempre denunciouse que o intento do PXOM de errradicar do noso concello todo o chan agropecuario para convertilo en forestal obedecía a unha política deseñada dende as grandes empresas do sector.
Unha proba máis do acertado desta análise témola no proxecto da Xunta para crear grandes plantacións de eucaliptos en todo o territorio galego. En lugar de erradicar esta especie bioloxicamente daniña para o solo, o goberno galego aposta por potenciar o crecemento desmesurado do eucalipto, propiciando a desaparición das especies autóctonas, o empobrecemento do medio rural e o incremento dos incendios forestais.
Un castigo inxustificado para unha Galiza que exporta enerxía ao resto do estado a cambio de contaminación, destrución do medio ambiente e desaparición da paisaxe natural.
O PXOM de Pontedeume non pode aliñarse con estas iniciativas que moi ben poden calificarse como terrorismo medioambiental.