Non abonda cunha política de retirada de puntos ou sancións económicas para este tipo de delitos. Esta clase de individuos, irresponsabeis e causante de actos criminais, que desprezan a vida dos demais, merecen ser tratados como auténticos delincuentes. A vida humana non pode estar a mercede de dementes alcolizados. A sociedade necesita unha lexislación eficaz capaz de poñer freo ás numerosas infraccións que cometen imprudentes condutores.
E ás autoridades hai que esixirlles a adopción de medidas preventivas. Na mesma avenida na que ocorreu o accidente, as beirarrúas estaban ocupadas por centos de vehículos que obrigaron aos peóns a circular polo medio da estrada durante case todo o día. Poden alegar que é unha situación excepcional durante un día especial mais a seguridade cidadá esta por riba de inetereses festeiros. A celebración de actos festivos non presupón deixar de lado as leis de tráfico. Estas están feitas para protexer a integridade das persoas e os poderes públicos teñen a obriga de velar polo seu cumprimento as vintecatro horas do día, todos os días do ano.