De todas as noticias publicadas nas últimas semanas, unha sorprendeume excesivamente.
Trátase do estraño comportamento de Druse vom Höllengrund, unha cadela de caza que, extraviada, buscou axuda na oficina de obxectos perdidos da localidade de Bredstedt, no norte de Alemaña.
O can sorprendeu aos empregados da citada oficina ao entrar na mesma, nada máis abrir as súas portas, e deitarse á calor nunha esquina. Segundo informou o rotativo Flensburger Tageblat t, a cadeliña esperou pacientemente ante a porta automática, xa que «o seu reducido tamaño non era suficiente para activar o mecanismo de apertura».
¡ Animaliño !
Trátase do estraño comportamento de Druse vom Höllengrund, unha cadela de caza que, extraviada, buscou axuda na oficina de obxectos perdidos da localidade de Bredstedt, no norte de Alemaña.
O can sorprendeu aos empregados da citada oficina ao entrar na mesma, nada máis abrir as súas portas, e deitarse á calor nunha esquina. Segundo informou o rotativo Flensburger Tageblat t, a cadeliña esperou pacientemente ante a porta automática, xa que «o seu reducido tamaño non era suficiente para activar o mecanismo de apertura».
¡ Animaliño !
Preguntaranse por que me fixei nesta noticia e non noutras de temática ambiental, o que parecería moito máis lóxico.
Pois a razón é que nesa materia non atopei nada fóra do habitual.
Vexamos: aparte do consabido baleirado dos ríos Sil e Eume, nada me sorprendeu a construción dunha pasarela de madeira no parque nacional das Illas Atlánticas.
É verdade que afecta a unha das áreas terrestres de maior valor biolóxico das illas Cíes, pero que ten de raro cargarse as dunas e que teña que intervir o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil nun dos nosos espazos protexidos?
Nada.
Tampouco me pareceu relevante que a lagoa de Valdoviño desapareza repentinamente.
Á fin e ao cabo, molestaba ao paseo marítimo e sempre se poden construír lagoas artificiais.
Por pór algunha pega, talvez boto de menos un decreto que prohiba ás aves invernantes vir este ano a esa zona de «especial protección», pero, polo demais, todo normal.
Non lles nego que me chamou a atención o rápido enchido do lago do antigo vertedoiro das Pontes, sen dúbida un fito da nosa política, pero así poderemos avaliar con rapidez os efectos do «arrefriado global» na poboación local.
Tamén me sorprendeu a afirmación de que a biodiversidade é máis alta no citado vertedoiro que nas fragas do Eume, xa que expón unha interesante vía para mellorar a diversidade biolóxica galega, pero pouco máis.
En resumo, nada novo hai que comentar na política ambiental galega, xa que o noso noticiario segue sendo un catálogo de barbaridades realizadas sen criterio algún.
Sen dúbida entenderán agora a miña admiración por Druse , se me permiten a familiaridad, e a miña atención a tal noticia, porque ademais de transmitirnos esperanza e acougo suxírenos algunhas cuestións de interese.
Para empezar, a historia do can ocupa a sección de sucesos e é aí onde, na miña opinión, deberían situarse as noticias sobre o medio ambiente en Galicia.
Non sabemos as razóns do extravío do can teutón nin tampouco as da perda de rumbo da nosa política ambiental.
A única certeza que hoxe temos é que, ao contrario que o cánido, os responsables desta non acudiron á oficina de obxectos perdidos máis próxima.
Eu si estiven alí tratando de recuperar a auga das nosas lagoas e a vida das citadas dunas, pero, como era previsible, nada atopei máis aló dunhas cantas neuronas perdidas.
Javier Guitian Rivera , é catedrático de Botánica na Universidade de Santiago.