Nun escrito anterior decantábamonos aquí coa implantación da zona azul para resolver algúns dos problemas de tráfico na vila. Unha idea elemental que se aplica en todas as cidades, mais non debería selo para os rexedores de Pontedeume que nunca pensaron nela. Agora parece que si se tomou en consideración esa posibilidade e o Concello anuncia que se vai impoñer a zona azul na Praza do Conde, unha das que máis tráfico soporta. Será un aliciente para fomentar a mobilidade e permitir un mellor acceso aos que visitan a nosa vila. Supoñemos que esta medida xunto coa efectiva peatonalización do casco histórico disuarirá a algúns veciños de usar o coche alegremente e trasladarse a pé polas rúas da vila. Un paseo que procura boa saúde, reduce a contaminación, e permite contemplar e valorar o patrimonio de Pontedeume. Queda por saber se a cidadanía respectará estas normas. Anteriormente, a petaonalización consistíu na colocación de sinais que nunca foron de todo acatadas, en parte pola actitude permisiva da Policía Local, en parte pola falta de conciencia entre os automobilistas. Quizais sexa preciso complementar as medidas anteriores cunha firme decisión de facelas reais. E para iso pode pensarse en establecer a zona azul con pago de taxas e coa colocación inmediata dos pivotes que impidan o acceso ao casco histórico.18.11.07
Zona azul para un uso racional do automóbil
Nun escrito anterior decantábamonos aquí coa implantación da zona azul para resolver algúns dos problemas de tráfico na vila. Unha idea elemental que se aplica en todas as cidades, mais non debería selo para os rexedores de Pontedeume que nunca pensaron nela. Agora parece que si se tomou en consideración esa posibilidade e o Concello anuncia que se vai impoñer a zona azul na Praza do Conde, unha das que máis tráfico soporta. Será un aliciente para fomentar a mobilidade e permitir un mellor acceso aos que visitan a nosa vila. Supoñemos que esta medida xunto coa efectiva peatonalización do casco histórico disuarirá a algúns veciños de usar o coche alegremente e trasladarse a pé polas rúas da vila. Un paseo que procura boa saúde, reduce a contaminación, e permite contemplar e valorar o patrimonio de Pontedeume. Queda por saber se a cidadanía respectará estas normas. Anteriormente, a petaonalización consistíu na colocación de sinais que nunca foron de todo acatadas, en parte pola actitude permisiva da Policía Local, en parte pola falta de conciencia entre os automobilistas. Quizais sexa preciso complementar as medidas anteriores cunha firme decisión de facelas reais. E para iso pode pensarse en establecer a zona azul con pago de taxas e coa colocación inmediata dos pivotes que impidan o acceso ao casco histórico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Espero estar errado, pero augúrolle pouco futuro a esta nova, tendo en conta que para que se leve adiante fai falla o seu cumprimento e aquí farase difícil por non decir imposible. Os motivos todos o sabemos e tí xa mentaches algún antes, e penso que será o mais importante tendo en conta que a lei é para todos e non para uns poucos que non dispoñen desas prevendas.
Publicar un comentario en la entrada