14.11.07

Máis vivendas ou máis servizos?


Vivendas familiares Principais Secundarias Baleiras

4.234 2.730 730 621
Estas cifras corresponden ao ano 2001, último balance feito polo Instituto Galego de Estatística e refírense ao concello de Pontedeume. Como se pode apreciar a terceira parte das vivendas do noso concello son secundarias ou están baleiras. Había polo tanto un superávit de vivendas en Pontedeume no ano 2001. As cifras actuais teñen que ser máis escandalosas polo aumento considerable da construción de complexos residenciais.
Reparemos agora noutras cifras, as que nos indican o número de vivendas que non dispoñen de servizo de depuración de augas:


Con servizoSen servizo
Vivendas ano 2000
2.775 710

Os actuais servizos non son suficientes para atender á poboación existente, porén algúns empéñanse en reservar máis terreo á construción de vivendas, engrosando así o parque de pisos de segunda residencia. Unha situación dende o punto de vista ambiental insostíbel. Que o proxectado plan de urbanismo pretenda urbanizar amplas extensións de chan que hoxe son rurais, non só nos condena a sufrir as deficiencias de servizos tan básicos como a depuración de augas, senón que esquilma unha das fontes de riqueza - económica, patrimonial e cultural - como é o medio rural

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Na estadística esa non están incluidas, entre outras, as vivendas que están alquiladas sen declarar , non?.

Se o que pretendes co teu comentario é que non se necesitan mais casas e polo tanto o plan urbán debe axustarse a un incremento do chan urbanizabel á baixa, estou en desacordo contigo.

¿Por qué non metedes nas estadísticas á xente que quere mellorar e cambiar de domicilio ou á xente que quere unha segunda casa para o seus fillos(non queres cos teus fillos vivan no futuro no pobo onde resides ti?).

Claro que fan falla pisos en Pontedeume, pero moitas veces todo o simplificades falando da especulación, coma se non existisen outras variables que incrementan a demanda de vivenda, que sen dubida existe , por máis que cerredes os ollos á evidencia.

roi xordo dijo...

¿con tantos pisos baleiros realmente fai falla construir máis? un poquito de porfavor...

Anónimo dijo...

En Pontedeume non se poden recalificar mais terreos mentras non se actualicen todolos servizos urbanisticos básico. É imprescindible renovar totalmente a rede de suministro de auga e alcantarillado, asi como depurar o 100% das augas residuais antes de conceder licencias de novas urbanizacions.

dendevip dijo...

Tsmién habrría que ver el estado en el que se encuentran las viviendas censadas; muchas de ellas presentan un estado lamentable en el aspecto de antigüedad, humedades, iluminación, instalaciones (tuberías, cableado),... No hay más que mirar al centro, a Porto, etc. Algunas incluso se han caído de viejo.

También son importantes los servicios. Por ejemplo, el acceso a las viviendas. Muchas de ellas no tiene garaje, algo casi imprescindible ya no hay donde aparcar y es necesario el coche, ya que trabajar en Pontedeume es casi imposible. Si tienes familia, ya sea un anciano a tu cargo o hijos que necesiten carritos o similares, necesitarás un ascensor.

Una solución sería rehabilitar las casas, y si resultase imposible, demoler y reconstruir.