O tráfico é unha enfermidade á que algúns galenos quérenlle aplicar remedios inútiles. Lonxe de erradicar o mal, limítanse a aliviar os síntomas. Hai un abuso desmesurado do uso do automóbil por parte dos cidadáns e, inevitabelmente, aparecen problemas de aparcamento. Pero estes son esporádicos e só en determinadas épocas do ano polo que plantexar solucións radicais como a dos aparcadoiros subterráneos ou o recheo do peirao é un desatino. Hai que lembrar que no seu momento unha empresa fixo un estudo para ver a viabilidade dun aparcadoiro subterráneo e se aconsellou non construílo. Non é pois recomendábel desfigurar o mapa de Pontedeume para calmar a indignación dos comerciantes, que son os que máis reclaman unha solución. Deberianos preocupar máis a posíbel contaminación producida polos motores dos nosos coches que a falta de espazo para aparcalos. Temos que admitir que en moitas ocasións nos excedemos no seu uso cando poderiamos desprazarnos a pé. Tamén é certo que noutras ocasións vémonos obrigados a utilizar o coche por falta dun adecuado servizo de transporte público. Pero parece que o máis intelixente é construir que investir na mellora do ferrocarril ou dos transportes comunitarios. Unha vez máis o progreso identifícase co motor sen decatarse que a situación vólvese insostíbel. Entre o CO2 e o cemento estamos a facer un mundo no que resulta cada día máis difícil sobrevivir. Unha premisa básica para deter este proceso pasa por concienciar á xente da necesidade de restrinxir o uso dos coches. Sen desbotar outras posibeis medidas como a implantación da zona azul. Se nas grandes cidades resultou eficaz cobrar unha taxa polo uso do coche, nas vilas como Pontedeume pode ser disuasorio cobrar polo aparcamento prolongado no centro da vila. Contribuiriamos a reducir as emisións, lograriamos unha maior fluídez, menos contaminación acústica e mellor calidade de vida. E por suposto, insistir na completa peatonalización do casco histórico.
1.10.07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

5 comentarios:
Desgrazadamente as, mal chamadas, Administracións (locais, provinciais, autonómicas,...) prefiren investimentos que se vexan, cemento e pedra, dá a impresión de que así fan máis que se invirten en transporte público ou se apostan pola peatonalización, ademais nesas grandes obras pode quedar algunha comisión polo camiño.
Noraboa polo artigo.
Eu considero que a solución dos aparcadoiros está en soterralos e Pontedeume ten a suficente porcentaxe de desnivel para encontrar un lugar axeitado para facelo
se andivéramos todos en bicicleta e a pé rematábase co problema do aparcadoiro (e da contaminación tamén)
O que pasa é que na bicicleta xógaste o tipo.
CARRIL BICI XA!
Isto é o que se le hoxe na Voz:
Además, el regidor también ha solicitado a Educación que el Concello pueda utilizar el campo de fútbol del instituto Fraga do Eume como espacio para aparcamientos públicos.
Dende aquí podemos darlle máis ideas para conseguir prazas de aparcamento. O xardín de Lombardero, un lugar infrautilizado; o paseo marítimo, polo menos os sábados; a Alameda, nada orixinal; o Casco Histórico, os comerciantes llo agradecerán;etc.
¡Pontedeume,paraíso do motor!
Publicar un comentario en la entrada