O Concello de Pontedeume ten ditadas duas ordes de paralización de sendas obras: unha do edificio de Caldagueiro e outra do edificio construido na estrada da Estación, ambos os dous de promocións Lagares. No primeiro caso a orde de suspensión, con data 18 de marzo do 2005, foi consecuéncia de dous requerimentos da Xunta de Galiza para proceder á paralización das obras por tatar-se dunha infracción urbanística moi grave. Salientar que o requerimento da Xunta tivo-se que facer duas veces por non acatar o Concello de Pontedeume a primeira resolución. No segundo caso a denúncia das obras foi realizada polo Colectivo Fusquenlla á vista da manifesta ilegalidade que se estaba a cometer.
No dia de hoxe, 9 meses despois da primeira orde de paralización e a duas semanas da segunda, as duas obras seguen a realizar-se como se a lei fose algo alleo aos promotores.Está-se a facer un grave dano ás institucións en xeral e ao Concello en particular. Non se sabe quen delinque máis: se os infractores ou os consentidores.