Como se sabe o PXOM de Pontedeume foi aprobado provisionalmente polo pleno municipal. Só falta o visto bo da Xunta para que a aprobación sexa definitiva. Pero o problema que se plantexa é o seguinte: desde a aprobación inicial (ano 2009) á provisional (ano 2014) o documento foi modificado en aspectos moi importantes que superan os límites establecidos pola lei. Tanto é así que o PXOM debería ser sometido de novo á exposición pública para permitir aos cidadáns presentar as oportunas alegacións. E isto é así porque explicitamente o recolle a Lei 2/2010, de 25 de marzo.
Ao goberno de Torrente non lle interesa someter o plan de urbanismo a unha exposición pública que se convertiría nun rexeitamento total do plan. Torrente confía e desexa que a Xunta siga adiante co proceso de aprobación do mesmo porque son moitos os intereses creados e moitas as parcelas de familiares e amigos que pasarían a ser recualificadas como urbanas sen razóns que o sustentan.
Mais pode suceder o mesmo que acaba de acontecer no concello de A Estrada. Unha entidade veciñal denunciou ante o TSXG a aprobación do PXOM polas mesmas causas que aquí estanse a dar, e o máximo órgano galego xudicial decretou a suspensión da plan de urbanismo: "A razón que dá a Sala para acceder á petición de devandito colectivo é que se fixo de forma condicionada á subsanación de diversas cuestións que exceden do que serían meras alteracións puntuales senón que suscitan diversas alternativas e esixen novas valoracións das administracións competentes."
O certo é que xa existe malestar veciñal creado por un plan de urbanismo feito a medida duns poucos. Certos colectivos tentan agora unirse para dar unha resposta que pode pasar por un contencioso xudicial similar ao da Estrada. Non cabe dúbida que as formas do alcalde de Pontedeume son sempre as máis lesivas para o noso concello.